Adoitamos pensar que a influencia de Prisciliano sobre a nosa cultura céntrase na reivindicación que da súa figura fixo o rexionalismo desde finais do século XIX. No entanto, este bispo galego herexe, que se enfrontou á xerarquÃa eclesiástica no final do Imperio Romano, tivo moito a ver coa primeira explosión cultural que se deu no paÃs, xa no século IV e en latÃn. Desde aquela, a súa pegada perpetúase no imaxinario colectivo galego e ameaza con continuar aÃ.
"O primeiro espertar cultural de Galicia débese en parte a este movemento priscilianista, en torno a el ordenáronse unha serie de escritores uns a favor e outros en contra, e motivou a primeira literatura escrita en Galicia, a partir do século IV", explica Eduardo López Pereira, catedrático de FiloloxÃa Latina da Universidade da Coruña. Encontramos entón que foi unha polémica o que deu naquela primeira explosión cultural do paÃs feita, como non podÃa ser doutro xeito, en latÃn. E é que unha boa parte dos grandes nomes das letras das nosa antigüidade estiveron relacionados dun, ou outro xeito, con esta corrente relixiosa. Deste xeito nomes destacados coma o teólogo Orosio de Braga, Hidacio, bispo de Chaves, ou o seu homólogo Sinfosio de Astorga falaron sobre a doutrina. "Os principais escritores da Gallaecia da época, coma o historiador Hidacio e mais Orosio trataron na súa obra o movemento, de feito este último fixo un Commonitorium de errore Priscillianistarum et Origenistarum", lémbranos López Pereira.
Nacionalismo e herexÃa
"En Galicia houbo varios bispos priscilianistas que non renegaron del no Concilio de Toledo do ano 400, pero á contra puxéronselle os principais escritores da época", completa. A produción derivada do debate priscilianista deu tamén nun avance cualitativo sobre a concepción do paÃs. Curiosamente, aÃnda que o galeguismo cultural sempre reivindicou a Prisciliano como unha figura protonacionalista que defendÃa as peculiaridades galegas fronte á uniformidade eclesiástica e do final do Imperio Romano, é nos seus detractores onde López Pereira atopa uns primeiros indicios neste sentido. "Para Hidacio de Chaves, Gallaecia era máis que un nome xeográfico. En certo xeito habÃa tamén unha oposición polÃtica, ademais de relixiosa, na súa postura ante o Priscilianismo, pensaba que iso enfrontaba os bispos de Gallaecia entre si e que iso favorecÃa tamén a invasión bárbara e a ruÃna do Imperio".
Costumes priscilianistas
Ademais de promover todo este movemento literario, o priscilianismo tivo unha grande importancia "tamén por espallar a lingua latina no rural. Conseguiu chegar a moita xente sinxela, non tan acomodada, e levou a lingua fóra das cidades". Ao tempo, moito se ten especulado sobre a responsabilidade desta relixión en determinados costumes e sistemas de pensamento considerados tipicamente galegos. "Entre as cousas que se relacionaron con esta doutrina están certos elementos do mundo do campo. Determinado culto aos astros que se atopa nas crenzas populares pode estar relacionado co significativo valor dos signos do zodÃaco nesa doutrina". En xeral, López Pereira considera que si hai antecedentes priscilianistas en moitas destas cuestións. "Como dicÃa Castelao, a pesar das pauliñas dos cregos, o pobo galego segue a ser priscilianista". Canda a ese achegamento aos labregos, o Priscilianismo propugnaba a incorporación da muller aos cultos relixiosos, a vida ascética ou a oración vencellada ao medio natural como algunhas das súas liñas de actuación.
Prisciliano hoxe
Este historiador considera, ademais, que a figura do herexe deixou unha importante pegada na nosa historia a partir da súa reivindicación polo nacionalismo. "Prisciliano deixou un ronsel que quedou a través de toda a historia, incrementouse na época da Xeración Nós e chega a actualidade mesmo polos últimos poemas de Méndez FerrÃn". A figura deste bispo rebelde contra a xerarquÃa oficial, achegado ás clases populares e loitador contra a corrupción da Igrexa xa se reivindicou na antigüidade. "Xa cando trasladaron o seu corpo a Hispania polos seus discÃpulos foi venerado coma mártir contra a igrexa", lembra López Pereira, "e como era de agardar, na Xeración Nós revive a figura con ese sentido romántico da Historia". Ramón Chao Rego coa novela "O Camiño de Prisciliano", a "Amantia" de MarÃa Xosé Queizán, a obra de teatro "Prisciliano" de Daniel Cortezón ou "Hostia" de Cotarelo son só algúns dos exemplos que este investigador cita como obras que reivindican o bispo nos nosos dÃas. "A obra e o pensamento de Prisciliano perduraron, e aÃnda hoxe vive e son moitos os que beben del", conclúe.
O herexe recente
AÃnda a finais de 2006 a Asociación Cultural O Galo organizaba en Compostela o I Simposio Prisciliano, no que reivindicaba, desde os máis variados puntos de vista, a figura e a obra este bispo. Analizouse entón desde o momento histórico e a súa relación coa conformación de Galicia, á pegada da herexÃa naquel momento, a súa influencia posterior na nosa cultura e mesmo as posibilidades de adaptación cinematográfica da historia deste movemento, as xornadas demostraron que hai aÃnda moito que descubrir e que o fÃo de Prisciliano vai continuar facendo parte, por moito tempo, do noso imaxinario cultural.