Xohana Torres fÃxose co XVIII premio Celanova, casa dos Poetas que se outorgou onte. O premio foi organizado pola Fundación Curros EnrÃquez, nova organización que substitúe o padroado do mesmo nome que convocara as anteriores edicións. Ademais do premio, Celanova é noticia hoxe porque onte o Concello acolleu a presentación dunha biografÃa de Curros EnrÃquez que permanecera inédita desde 1916. Seguindo co mundo das letras, non podemos esquecer que esta noite celébrase en Vigo a homenaxe a Francisco Fernández del Riego
Premio Celanova
A poeta Xohana Torres foi galardoada onte co premio Celanova, Casa dos Poetas, na súa décimo octava edición, a primeira na que é convocado pola Fundación Curros EnrÃquez. O pasado mes de xaneiro o padroado co mesmo nome disolvÃase logo de medio século de existencia para dar forma á nova entidade. Sen embargo, os premios continúan igual que desde 1985 galardoa a carreira de diferentes poetas. Asà Xohana Torres foi galardoada por comoa "cantora do mar, filla e muller e mariñeiros, que lle profesou e lle profesa unha especial fidelidade á lingua galega". O xurado do premio valorou a importante obra poética da autora, salientando ó mesmo tempo "a "imprescindible tarefa que fixo como autora dramática" e o seu labor coma contista e traductora. Por se fose pouco a lembranza a Xohana Torres, esta tarde fállase en Compostela o X premio Xohana Torres de investigación que convoca cada ano o Concello de Compostela e que premia traballos de investigación sobre o mundo da muller e realizados por mulleres.
Curros inédito
O concello de Celanova serviu onte para presentar "Manuel Curros EnrÃquez. O home o seu contexto", volume que recolle unha biografÃa inédita do escritor escrita por Juan Fernández Xesta en 1916. Esta obra foi recuperada polo historiador Luis MartÃnez-Risco Daviña cando preparaba unha biografÃa sobre Fernández Xesta, bibliotecario e destacado home de cultura na Cidade das Burgas de comezos de século. A importancia desta obra deriva do feito de ser Fernández Xesta amigo persoal de Curros e por estar escrita poucos anos despois da morte do escritor. O libro, editado por Duen de Bux, completa este texto con varios estudios que aclaran diferentes aspectos da vida de Curros, coma son a súa relación coa masonerÃa, a emigración a Cuba ou o seu laicismo.
Homenaxe a Del Riego
O Centro Cultural Caixanova acollerá esta noite a homenaxe que a Fundación Premios da CrÃtica realizará a Francisco Fernández del Riego en homenaxe ós seus setenta anos de traballo a prol da cultura, a lingua e a identidade galega. Na homenaxe, na que haberá unha nutrida representación do mundo da cultura, presentarase un libro no que trinta escritores e outros trinta ilustradores dan a súa visión deste persoeiro. Admeais, haberá un recital de piano a cargo de Ramón Castromil e proxectarase unha producción da Televisión de Galicia que fai un percorrido pola vida de Del Riego. Sumándose a esta homenaxe, "La Voz de Galicia" publica hoxe un especial sobre a súa vida e obra e "O Correo Galego" recuperou onte varios artigos do homenaxeado para o xornal "La noche".