Non sempre foi Galicia terra de choiva. Do calor tropical ao frÃo glacial, as nosas paisaxes teñen visto todo tipo de variacións intermedias. Nalgúns casos, estas mudanzas achegan novos datos sobre determinados intres históricos e revelan curiosas coincidencias. Ao tempo, saber os efectos de climas anteriores pode axudarnos a comprender o que nos agarda co actual cambio climático.
A idea de cambio climático está de rabiosa actualidade. A ameaza de que as temperaturas suban e todo o que esa mudanza pode implicar aparece como unha das cuestións clave para a Humanidade. A partir deste gravÃsimo feito, queremos aproveitar para lembrar e en que xeito ten variado este factor ao longo dos séculos no noso paÃs. Un dos perÃodos que nos pode parecer máis curioso é aquel no que o noso chan estaba cuberto de selvas. A verdade, ningún ser humano chegou a ver unha Galicia de palmeiras, fentos xigantes e pantanos. As pegadas do clima tropical en Galicia remóntanse ata os tempos dos dinosauros, hai sesenta e cinco millóns de anos. "Tivemos climas subtropicais no terciario, como se ve claramente nos depósitos de lignito das Pontes ou Meirama", explÃcanos o xeógrafo Augusto Pérez Alberti, "dentro destes tivémolos húmidos e secos, na segunda metade do Terciario e ao comezo do Cuaternario", arredor de 1,64 millóns de anos atrás, completa.
Galicia arrefriada
Tampouco podemos pensar que o paÃs estivo sempre sometido a climas exóticos. "Se falamos desde o último perÃodo interglaciar, ai uns 120.000 anos, o primeiro que atopamos é un momento no que as temperaturas eran case como as de agora, un par de grados máis altas, e a humidade tamén", lembra Pérez Alberti. Esta fase prolongouse ata ai uns oitenta e mil anos. Daquela, logo dun lapso onde non está moi claro como estaban as cousas a este nivel, a cousa foi para peor. "Desde hai cincuenta e ata hai once mil anos, o clima foi arrefriando, primeiro cun frÃo menos intenso e con máis humidade e despois, hai 20.000 anos, as condicións fóronse facendo cada vez máis frÃas", indica este xeógrafo. En situacións coma esas, segundo este especialista, predominarÃa na nosa paisaxe o ambiente alpino, cunha destacada presenza de conÃferas. En xeral, desde aquela produciuse un incremento de temperatura que non deixou de ter variacións. Esas oscilacións, segundo as fontes, oscilan entre o un e os tres grados. “O incremento máximo aceptado desde a última glaciación no hemisferio norte é de medio grado na temperatura media anual”, indica Francisco DÃaz Fierros, catedrático en EdafoloxÃa na USC e un dos maiores especialistas en PaleoclimatoloxÃa do paÃs, que considera esaxeradas cifras maiores.
Quecendo aos poucos
Xa desde os 15.000 anos a temperatura vai medrando, e logo dun "breve" perÃodo frÃo coñecido como Dryas que se prolongou uns 2000 anos, comezou unha fase na que as condicións foron no básico como agora. “O clima que afectou o home galego é xa postglaciar”, Resume DÃaz Fierros. "O óptimo climático sitúase en hai uns seis mil anos, que foi cando se deu a máxima expansión do carballo en Galicia”. Segundo os datos que se manexan na actualidade, esta especie cubrirÃa un sesenta por cento do territorio, quedando libres as zonas altas e mais os humidais. “Nas zonas altas seguramente habÃa algún tipo de piñeiro, diferente dos actuais. Esta foi a que podÃamos chamar a paisaxe primixenia da nosa historia", lembra este investigador.
Clima, castrexos e romanos
A analizar as maiores variacións atmosféricas desde aquela, os datos revelan curiosas coincidencias entre perÃodos climáticos e determinadas épocas históricas que, sen permitiren establecer en ningún caso relacións de causalidade, achégannos unha nova perspectiva sobre o xeito en que discorren os acontecementos. “En xeral está recoñecido que houbo un perÃodo de arrefriamento e de choivas coincidindo coa época castrexa", explica DÃaz Fierros. "Isto son datos contrastados por moitos Ãndices. Mesmo se especula en Europa se a migración castrexa puido verse forzada por ese frÃo”, completa. Pola contra “semella que na Pax Romana houbo unhas boas condicións. A maior temperatura supuxo un momento importante na expansión agrÃcola", explica este catedrático, que cifra en medio grado aproximadamente a variación. Neste contexto incluirÃase a suposta mudanza climática que se rexistrou recentemente no depósito arqueolóxico das saÃñas romanas de Vigo. Neste espazo detectouse, entre os séculos un e dous, unha destacada variación do nivel do mar que provocou o abandono destas instalacións ao quedar finalmente afastadas de mais da liña de costa como para cumprir a súa función. De calquera xeito, DÃaz Fierros advirte que as variacións na liña de costa non sempre están motivadas por unha mudanza climática.
Pax e sol romano
Outra coincidencia que pode semellar curiosa é a do empeoramento do clima do fin do perÃodo romano en Galicia. “AÃnda que non está moi claro, co final da época romana semella que hai un perÃodo de arrefriamento e de degradación climática. En Galicia ás veces non se sabe ben se iso é consecuencia do frÃo ou da precipitación”, sinala DÃaz Fierros. Procesos de erosión e mostras de polen revelan que a partir dese momento hai unha expansión do bosque, resultado do abandono de zonas agrÃcolas. "Pode ser por acción humana, polo clima ou ben por teren os pobos chegados do Norte unha maior cultura silvÃcola do que os anteriores habitantes", explica este edafólogo. “Son teorÃas sen confirmación polo momento, pero poden explicar os procesos. O que é real é o incremento do bosque a coincidir coa xermanización de Galicia”, conclúe.
As mudanzas medievais
De novo, na Idade Media, unha mellora do clima coincide cun perÃodo álxido a nivel cultural e económico. “No século XII hai outra etapa importante. Nel localÃzase o suposto óptimo climático medieval”, lémbranos este catedrático. Un novo incremento aproximado de medio grado dáse ao tempo que unha expansión da agricultura. "Historicamente compróbase un incremento nos documentos referidos a rachar e rozar o monte neste perÃodo, e algo semellante acontece no contorno europeo”, completa DÃaz Fierros. “Sempre está a dúbida de ata que punto incidiu o clima ou ata que punto foi cultural”, xa que tamén nesta época encontramos a expansión dos mosteiros e a colonización de novas terras. Tamén o final do Medievo, coa peste negra que asolou Europa, pode ter o seu correlato climático. “Hai unha época, cara ao século XV, coas pestes, que hai que investigar máis, pero bastantes documentos falan moito de choivas persistentes", especula este especialista. "Daquela coligáronse a peste coa fame. En Galicia sempre se dixo que a fame chega nadando, o que quere dicir que os anos de moita choiva habÃa escaseza. E precisamente daquela a base da alimentación era o cereal do inverno, e unha temporada de choivas podÃa reducir moito a colleita. Non son datos definitivos pero dan pistas, e probablemente houbese unhas choivas importantes".
A Pequena Idade do Xeo
Tamén por Galicia pasou a coñecida como "Pequena Idade do Xeo" que comezou na Idade Media e se prolongou ata finais do século XVIII. "Neste perÃodo a cota de neve permanecÃa máis baixa. Se hoxe en dÃa está arredor dos novecentos metros, neste tempo roldarÃa os seiscentos e setecentos, isto explica a existencia de neveiras coma as que hai na serra do Candán", explÃcanos Pérez Alberti. AÃnda que o Atlas Climático de Galicia recolle a existencia das variacións correspondentes a este perÃodo no noso paÃs, para DÃaz Fierros non está tan clara esta caracterización. “A pequena Idade do Xeo está moi ben datada en Gran Bretaña e en Centroeuropa, pero aquà en Galicia penso que temos poucos datos para poder falar dela”. Recoñece de calquera xeito que “debeu existir porque estamos nun contorno onde se acha ben caracterizada". Nese sentido aventura a posibilidade de que o fenómeno fose máis caracterÃstico ou extremo en determinadas zonas do Vello Continente. “Non me pronuncio nin a favor nin en contra, non hai moitos datos que teñan moi definido este perÃodo”. A nivel de paisaxe, desde logo, houbo mudanzas nesta época, pero débense apor, sobre todo, á acción humana. “Nese momento a incidencia do home era clarÃsima e estábamos chegando por isto aos mÃnimos de bosques en Galicia, que se darÃan a comezos do XIX”.
O incremento
"AÃnda que desde aquela a temperatura foi medrando, a finais do XIX detéctase de novo algo de frÃo, e logo continuou a subir con algunhas inflexións como o perÃodo da Guerra Civil e as inevitables variacións dunha serie estatÃstica", lembra o xeógrafo Pérez Alberti. Coincide con el, a grandes riscos, DÃaz Fierros, quen lembra que "É na Era Industrial cando comeza o problema auténtico do cambio climático. Xa hai observatorios, coma o da Coruña que constatan o incremento de temperaturas nun grado ou nun grado e pico desde 1865, unha variación que non se veu en toda a Historia”.
O cambio que vén
Co actual proceso de cambio climático agárdannos variacións aparentemente inéditas no contorno. Segundo as previsión dos modelos europeos corresponderÃanos un incremento de entre 2 e 4 grados cunha diminución de choivas de entre o 20 e o 30%, todo nos meses do verán. No inverno, ao tempo, darase un lixeiro incremento tanto de temperaturas como de precipitacións. Estas apostas xerais pódense afinar para vermos máis concretamente os efectos en diferentes zonas do paÃs. “Existen grandes modelos globais que logo se van aniñando xeograficamente, aplicando eses datos ás situacións concretas de cada lugar. Entón a tendencia non vai mudar moito, pero si se poden discriminar máis os efectos en beiramar e no interior ou entre o Norte e o Sur”, explÃcanos DÃaz Fierros. Deste xeito, e a coincidir no básico cos datos europeos, "a nivel estatal as previsións revelan que o cambio vaise notar máis na zona Sur de Galicia do que no Norte”. De cara ao futuro, estase a traballar nun modelo galego que tentará definir aÃnda máis as mudanzas. “Penso que o clima de Lugo e de Ourense vaise semellar moito a finais de século ao actual do Douro e da Beira Alta portuguesa”, explÃcanos este edafólogo. “Na costa non atopamos aÃnda unha equivalencia, o mar ten un efecto de homoxeinización”, completa. De calquera xeito, a prevista suba do nivel das augas mariñas ameaza con ter un efecto especÃfico nesta zona. "Pódese especular cunha suba de arredor de medio metro, como moito", explica DÃaz Fierros." Isto pódelle afectar a zonas de terras moi baixas, sobre todo ás marismas costeiras. Claro que aÃnda que estes desaparezan probablemente se creen outras polo avance do nivel do mar". A aposta está feita. Está por ver se aÃnda estamos a tempo de mudar as cousas ou se no futuro analizarán tamén como, unha vez máis e ata que punto, condicionou o clima a nosa evolución.
O tempo da Historia, no noso gráfico.A idea de cambio climático está de rabiosa actualidade. A ameaza de que as temperaturas suban e todo o que esa mudanza pode implicar aparece como unha das cuestións clave para a Humanidade. A partir deste gravÃsimo feito, queremos aproveitar para lembrar e en que xeito ten variado este factor ao longo dos séculos no noso paÃs. Un dos perÃodos que nos pode parecer máis curioso é aquel no que o noso chan estaba cuberto de selvas. A verdade, ningún ser humano chegou a ver unha Galicia de palmeiras, fentos xigantes e pantanos. As pegadas do clima tropical en Galicia remóntanse ata os tempos dos dinosauros, hai sesenta e cinco millóns de anos. "Tivemos climas subtropicais no terciario, como se ve claramente nos depósitos de lignito das Pontes ou Meirama", explÃcanos o xeógrafo Augusto Pérez Alberti, "dentro destes tivémolos húmidos e secos, na segunda metade do Terciario e ao comezo do Cuaternario", arredor de 1,64 millóns de anos atrás, completa.
Galicia arrefriada
Tampouco podemos pensar que o paÃs estivo sempre sometido a climas exóticos. "Se falamos desde o último perÃodo interglaciar, ai uns 120.000 anos, o primeiro que atopamos é un momento no que as temperaturas eran case como as de agora, un par de grados máis altas, e a humidade tamén", lembra Pérez Alberti. Esta fase prolongouse ata ai uns oitenta e mil anos. Daquela, logo dun lapso onde non está moi claro como estaban as cousas a este nivel, a cousa foi para peor. "Desde hai cincuenta e ata hai once mil anos, o clima foi arrefriando, primeiro cun frÃo menos intenso e con máis humidade e despois, hai 20.000 anos, as condicións fóronse facendo cada vez máis frÃas", indica este xeógrafo. En situacións coma esas, segundo este especialista, predominarÃa na nosa paisaxe o ambiente alpino, cunha destacada presenza de conÃferas. En xeral, desde aquela produciuse un incremento de temperatura que non deixou de ter variacións. Esas oscilacións, segundo as fontes, oscilan entre o un e os tres grados. “O incremento máximo aceptado desde a última glaciación no hemisferio norte é de medio grado na temperatura media anual”, indica Francisco DÃaz Fierros, catedrático en EdafoloxÃa na USC e un dos maiores especialistas en PaleoclimatoloxÃa do paÃs, que considera esaxeradas cifras maiores.
Quecendo aos poucos
Xa desde os 15.000 anos a temperatura vai medrando, e logo dun "breve" perÃodo frÃo coñecido como Dryas que se prolongou uns 2000 anos, comezou unha fase na que as condicións foron no básico como agora. “O clima que afectou o home galego é xa postglaciar”, Resume DÃaz Fierros. "O óptimo climático sitúase en hai uns seis mil anos, que foi cando se deu a máxima expansión do carballo en Galicia”. Segundo os datos que se manexan na actualidade, esta especie cubrirÃa un sesenta por cento do territorio, quedando libres as zonas altas e mais os humidais. “Nas zonas altas seguramente habÃa algún tipo de piñeiro, diferente dos actuais. Esta foi a que podÃamos chamar a paisaxe primixenia da nosa historia", lembra este investigador.
Clima, castrexos e romanos
A analizar as maiores variacións atmosféricas desde aquela, os datos revelan curiosas coincidencias entre perÃodos climáticos e determinadas épocas históricas que, sen permitiren establecer en ningún caso relacións de causalidade, achégannos unha nova perspectiva sobre o xeito en que discorren os acontecementos. “En xeral está recoñecido que houbo un perÃodo de arrefriamento e de choivas coincidindo coa época castrexa", explica DÃaz Fierros. "Isto son datos contrastados por moitos Ãndices. Mesmo se especula en Europa se a migración castrexa puido verse forzada por ese frÃo”, completa. Pola contra “semella que na Pax Romana houbo unhas boas condicións. A maior temperatura supuxo un momento importante na expansión agrÃcola", explica este catedrático, que cifra en medio grado aproximadamente a variación. Neste contexto incluirÃase a suposta mudanza climática que se rexistrou recentemente no depósito arqueolóxico das saÃñas romanas de Vigo. Neste espazo detectouse, entre os séculos un e dous, unha destacada variación do nivel do mar que provocou o abandono destas instalacións ao quedar finalmente afastadas de mais da liña de costa como para cumprir a súa función. De calquera xeito, DÃaz Fierros advirte que as variacións na liña de costa non sempre están motivadas por unha mudanza climática.
Pax e sol romano
Outra coincidencia que pode semellar curiosa é a do empeoramento do clima do fin do perÃodo romano en Galicia. “AÃnda que non está moi claro, co final da época romana semella que hai un perÃodo de arrefriamento e de degradación climática. En Galicia ás veces non se sabe ben se iso é consecuencia do frÃo ou da precipitación”, sinala DÃaz Fierros. Procesos de erosión e mostras de polen revelan que a partir dese momento hai unha expansión do bosque, resultado do abandono de zonas agrÃcolas. "Pode ser por acción humana, polo clima ou ben por teren os pobos chegados do Norte unha maior cultura silvÃcola do que os anteriores habitantes", explica este edafólogo. “Son teorÃas sen confirmación polo momento, pero poden explicar os procesos. O que é real é o incremento do bosque a coincidir coa xermanización de Galicia”, conclúe.
As mudanzas medievais
De novo, na Idade Media, unha mellora do clima coincide cun perÃodo álxido a nivel cultural e económico. “No século XII hai outra etapa importante. Nel localÃzase o suposto óptimo climático medieval”, lémbranos este catedrático. Un novo incremento aproximado de medio grado dáse ao tempo que unha expansión da agricultura. "Historicamente compróbase un incremento nos documentos referidos a rachar e rozar o monte neste perÃodo, e algo semellante acontece no contorno europeo”, completa DÃaz Fierros. “Sempre está a dúbida de ata que punto incidiu o clima ou ata que punto foi cultural”, xa que tamén nesta época encontramos a expansión dos mosteiros e a colonización de novas terras. Tamén o final do Medievo, coa peste negra que asolou Europa, pode ter o seu correlato climático. “Hai unha época, cara ao século XV, coas pestes, que hai que investigar máis, pero bastantes documentos falan moito de choivas persistentes", especula este especialista. "Daquela coligáronse a peste coa fame. En Galicia sempre se dixo que a fame chega nadando, o que quere dicir que os anos de moita choiva habÃa escaseza. E precisamente daquela a base da alimentación era o cereal do inverno, e unha temporada de choivas podÃa reducir moito a colleita. Non son datos definitivos pero dan pistas, e probablemente houbese unhas choivas importantes".
A Pequena Idade do Xeo
Tamén por Galicia pasou a coñecida como "Pequena Idade do Xeo" que comezou na Idade Media e se prolongou ata finais do século XVIII. "Neste perÃodo a cota de neve permanecÃa máis baixa. Se hoxe en dÃa está arredor dos novecentos metros, neste tempo roldarÃa os seiscentos e setecentos, isto explica a existencia de neveiras coma as que hai na serra do Candán", explÃcanos Pérez Alberti. AÃnda que o Atlas Climático de Galicia recolle a existencia das variacións correspondentes a este perÃodo no noso paÃs, para DÃaz Fierros non está tan clara esta caracterización. “A pequena Idade do Xeo está moi ben datada en Gran Bretaña e en Centroeuropa, pero aquà en Galicia penso que temos poucos datos para poder falar dela”. Recoñece de calquera xeito que “debeu existir porque estamos nun contorno onde se acha ben caracterizada". Nese sentido aventura a posibilidade de que o fenómeno fose máis caracterÃstico ou extremo en determinadas zonas do Vello Continente. “Non me pronuncio nin a favor nin en contra, non hai moitos datos que teñan moi definido este perÃodo”. A nivel de paisaxe, desde logo, houbo mudanzas nesta época, pero débense apor, sobre todo, á acción humana. “Nese momento a incidencia do home era clarÃsima e estábamos chegando por isto aos mÃnimos de bosques en Galicia, que se darÃan a comezos do XIX”.
O incremento
"AÃnda que desde aquela a temperatura foi medrando, a finais do XIX detéctase de novo algo de frÃo, e logo continuou a subir con algunhas inflexións como o perÃodo da Guerra Civil e as inevitables variacións dunha serie estatÃstica", lembra o xeógrafo Pérez Alberti. Coincide con el, a grandes riscos, DÃaz Fierros, quen lembra que "É na Era Industrial cando comeza o problema auténtico do cambio climático. Xa hai observatorios, coma o da Coruña que constatan o incremento de temperaturas nun grado ou nun grado e pico desde 1865, unha variación que non se veu en toda a Historia”.
O cambio que vén
Co actual proceso de cambio climático agárdannos variacións aparentemente inéditas no contorno. Segundo as previsión dos modelos europeos corresponderÃanos un incremento de entre 2 e 4 grados cunha diminución de choivas de entre o 20 e o 30%, todo nos meses do verán. No inverno, ao tempo, darase un lixeiro incremento tanto de temperaturas como de precipitacións. Estas apostas xerais pódense afinar para vermos máis concretamente os efectos en diferentes zonas do paÃs. “Existen grandes modelos globais que logo se van aniñando xeograficamente, aplicando eses datos ás situacións concretas de cada lugar. Entón a tendencia non vai mudar moito, pero si se poden discriminar máis os efectos en beiramar e no interior ou entre o Norte e o Sur”, explÃcanos DÃaz Fierros. Deste xeito, e a coincidir no básico cos datos europeos, "a nivel estatal as previsións revelan que o cambio vaise notar máis na zona Sur de Galicia do que no Norte”. De cara ao futuro, estase a traballar nun modelo galego que tentará definir aÃnda máis as mudanzas. “Penso que o clima de Lugo e de Ourense vaise semellar moito a finais de século ao actual do Douro e da Beira Alta portuguesa”, explÃcanos este edafólogo. “Na costa non atopamos aÃnda unha equivalencia, o mar ten un efecto de homoxeinización”, completa. De calquera xeito, a prevista suba do nivel das augas mariñas ameaza con ter un efecto especÃfico nesta zona. "Pódese especular cunha suba de arredor de medio metro, como moito", explica DÃaz Fierros." Isto pódelle afectar a zonas de terras moi baixas, sobre todo ás marismas costeiras. Claro que aÃnda que estes desaparezan probablemente se creen outras polo avance do nivel do mar". A aposta está feita. Está por ver se aÃnda estamos a tempo de mudar as cousas ou se no futuro analizarán tamén como, unha vez máis e ata que punto, condicionou o clima a nosa evolución.
Percorre 8.000 anos de historia de Galicia e observa as influencias que tiveron as variacións do clima no noso pasado