Un ciclo de cine da USC fai un percorrido polo pasado recente de España e do mundo

Cine histórico

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O ciclo “Historia e Cine Miradas da Historia Contemporánea” que organiza a Facultade de Historia da Universidade de Santiago achegará os momentos máis importantes da historia contemporánea de España e do mundo. “O bosque animado”, “Raza”, “A verdade sobre o caso Savolta”, “Vermello e negro”, “O afundimento”, “Vencedores e vencidos”, “O sal da terra”, “As uvas da ira” e “Patrimonio Nacional” son os filmes que se proxectarán (e será comentados por profesores e investigadores das universidades de Santiago e do País Vasco) para facer ese repaso histórico.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, USC, País Vasco

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares