A Xunta quere animar no ensino o coñecemento sobre María Mariño a través das tecnoloxías en rede

María vai pola rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Achegar unha perspectiva anovadora ao estudo da obra e tempos de María Maríño, homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas, é o obxectivo que está na convocatoria feita aos centros de ensino do país. A reorientación proxectada pola Secretaría de Política Lingüística e a Consellaría de Educación inclúe tamén o fomento das novas tecnoloxías entre o alumnado, así como o impulso á participación activa. Neste sentido ábrese dous concursos, nun deles premiaranse as catro mellores webquests realizadas sobre a obra e a época de María Mariño e no outro premiaranse os mellores libros colaborativos sobre a autora galega realizados por profesorado e alumnado no espazo web habilitado na páxina da Xunta.

Más información no sitio da Xunta de Galicia

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Mariño, María Mariño, Ensino, Política Lingüística...