A asociación civil venezolana sen ánimo de lucro Banco del Libro seleccionou a edición en castelán do relato “O armiño dorme” de Xosé Antón Neira Cruz entre os dez mellores libros xuvenÃs do ano 2006. O libro, editado por Alfaguara, foi seleccionado na sección de tradución desta prestixiosa lista elaborada desde 1980 e na que centos de libros pasan por unha selección previa dun comité interdisciplinario para despois ser avaliados por un xurado. “O armiño dorme” gañou o VI Premio RaÃña Lupa en 2002 e foi editado por Galaxia en 2003. A novela recrea a historia de Bia, unha rapaza da familia dos Medici que apareceu na súa tumba cun armiño aos seus pés e un diario no que contaba a súa vida.
Máis información en Banco del Libro