A situación do galego está no ollo do furacán desdes diferentes puntos de vista e lugares. En Coruña onte houbo ración doble de lingua. Por unha banda desde os medios de comunicación que participaron na última das xornadas organizadas pola Facultade de FiloloxÃa coruñesa. Por outra parte pola Mesa pola Normalización LingüÃstica que puxo sobre a mesa outro informe sobre a situación actual. E por último desde o Bierzo, onde o Procurador do Pobo de Castela e León (o equivalente ó defensor do pobo galego) esixÃa máis axilidade no ensino do galego.
Os medios de comunicación
O uso do galego nos medios foi obxecto dunha xornada de análise na facultade de FiloloxÃa coruñesa. Da parte dos medios estaban representantes de La Opinión, La Voz de Galicia, do semanario A Nosta Terra e da revista Tempos Novos. Unha xornada que estivo marcada pola intervención do público que lle pedÃu ós xornalistas e, por ende, ás empresas xornalÃsticas, unha maior e un cambio de actitude con respecto ó galego.
Informe da Mesa
A Mesa pola Normalización lingüÃstica deu a coñecer onte o seu informe sobre a situación real do galego. Un estudio que pretende comparar os usos dos falantes desde que entrou en vigor a Lei de Normalización LingüÃstica hai vinte anos, facendo unha comparación co que se está a xestar actualmente. Segundo se deduce deste estudio o galego foi acadando durante estes anos maior "prestixio social", e paralelo a este fenómeno deuse unha baixada no número de falantes. Pola súa banda, A Mesa advertÃu dos niveis "altÃsimos" de ruptura de transmisión interxeneracional da lingua galega qeu contrastan, segundo eles, co "enganoso equilibrio" que asegura a Administración que existe co emprego do castelán.
O galego no bierzo
O equivalente ó Defensor do Pobo de Castela e León, o procurador do Común (como se lle chama alà a esta figura) acaba de facerse eco das demandas dos galego-falantes, polo que pedÃu máis cartos para o ensino desta lingua. Pero as súas reivinidicacións, que teñen a súa orixe nas demandas presentadas pola asociación cultural Fala Ceibe, no se quedan aÃ. Senón que ademais pide que se amplie a oferta educativa do galego a Ponferrada, como capital de comarca, e a cantos concellos do Bierzo o pidan.
E isto en vitude do acordo de cooperación para a implantación do ensino do galego en Sanabria e O Bierzo, que asinaron a Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León o 18 de xullo do 2001.