Jorge Fernández Vázquez, máis coñecido como Jorge de Soutomaior, dedicou boa parte da súa vida a denunciar a opresión do pobo galego que se exiliou nos difÃciles anos da posguerra. A partir do seu arquivo persoal e de documentación sobre o DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación), o Consello da Cultura Galega e a Fundación Torrente Ballester queren dar a coñecer a súa historia, a través da que se pode comprender a situación vivida por milleiros de galegos. Ademais da exposición, haberá un ciclo de conferencias e proxeccións asà como a presentación do libro “O exilio galego de 1936: polÃtica, sociedade, itinerarios” e as actas do congreso “ O exilio galego” que organizou o Consello da Cultura en 2001.
Máis información no web do Consello da Cultura