Viviron falando en galego e queren que o seu enterramento se produza na mesma lingua na que viviron. E por iso onte douscentos ourensáns asinaron un documento notarial para que o todos os actos (relixiosos e civís) se fagan en lingua galega. E quixeron restarlle ferro á situación coa actuación da Coral de Ruada que interpretou cantigas en galego, e coa entrega dun libro de relatos ós asistentes, formado por tres contos: un de Ánxel Fole, outro de Florentino Cuevillas e outro de Luís García Mañá.
Poder notarial
Uns douscentos ourensáns se reunión onte no Instituto do Posío. Non era un acto escolar máis, senón un acto de signo completamente diferente que xa se producira noutras localidades de Galicia. Un evento que unía a todos os asistentes co obxectivo de que os actos relativos ó seu funeral e ó seu pasamento se fagan en lingua galega, a mesma que empregaron ó longo da súa vida. E para que quedase constancia de todo isto os asistentes asinaron as correspondentes actas notariais. E todos o actos afectaban á esquela, as exequias e a lápida.
O acto, que se desenvolveu en numerosas cidades de toda Galicia contou coas intervencións de varios dos organizadores: Xosé González Martínez, presidente da Fundación Premios da Crítica de Galicia; Xosé Benito Reza, Marcos Valcárcel, Xesús Ferro e o sacerdote Miguel Fernández Grande.
No acto tamén se ofreceron datos sobre esta cuestión, xa que consideraban que se estaba a producir un desaxuste entre a situación real do que fala a xente e a lingua coa que se despide. De feito apuntaron que de case todas as lápidas se escriben en diga lingua e só unha de cada 400 esquelas que se redactan en galego.
Acto máis completo
Para que de tanto falar de morte se fixese menos "duro" o acto, desde a organización preparouse unha actuación da Coral da Ruanda. E non só iso senón que se repartiron entre os asistentes un libro de relato" Galegos, agora e sempre" que incorpora relatos de Ánxel Fole, Florentino Cuevillas e Luís García Mañá. Este último estivo, coas fillas de Cuevillas presente no acto.