Comeza os seus traballos a Comisión para Normalización na Xunta, que recoñece eivas no emprego do galego na Administración

Suspenso administrativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
A xa anunciada Comisión Interdepartamental para lograr a normalización do galego na Xunta de Galicia comezaba o pasado luns a súa andaina coa intención de aplicar as propostas do Plan Xeral de Normalización neste ámbito. O propio presidente Touriño recoñeceu, nesta xornada inaugural, que as propostas que ata o momento se desenvolveron neste sentido acadaron "só de forma moi tanxencial e fragmentarias os seus obxectivos". A intención final deste novo órgano é "eliminar calquera traba" que os cidadáns poidan atopar para se relacionar en galego coa Administración.

Máis información no web da Xunta, en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Xunta de Galicia, Lingua galega