Existen lugares que son recoñecidos pola súa importancia ecolóxica, e outros onde a súa singularidade vén determinada pola pegada da Historia. Pero, ademais, hai espazos na nosa xeografía onde conflúen, de xeito destacado, un medio privilexiado cunha importancia histórica excepcional. É o caso, por exemplo, das Gándaras de Budiño, unha área única polos seus valores que está a vivir nos últimos anos nunha continua ameaza.
As Gándaras de Budiño son na actualidade unha zona húmida dunhas oitocentas hectáreas situadas nas ribeiras do río Louro, das que 727 están na actualidade protexidas dentro da Rede Natura pola súa importancia ecolóxica. A isto súmaselle aínda a condición de Ben de Interese Cultural con que conta o depósito arqueolóxico que se encontra neste espazo. A área, testemuña de diferentes eventos que marcaron a nosa historia, acolle ademais especies animais e vexetais únicas no noso país.
Os primeiros galegos
Unha das razóns fundamentais da importancia das Gándaras e o feito de acolleren probas sobre os primeiros poboamentos humanos en Galicia. "É, aínda hoxe, o depósito máis grande do Paleolítico Inferior en Galicia" explícanos Rosa Villar, arqueóloga especializada na prehistoria do Baixo Miño. Os primeiros achados foron máis de duascentas pezas que Xosé María Álvarez Blázquez recolleu xa na superficie a comezos dos ano sesenta. Pouco despois, en 1963, comezaron as investigacións do xeólogo K.W. Butzer e mais do paleontólogo Emilio Aguirre. Destas primeiras prospeccións xurdiron unhas 700 pezas do período Acheulense, entre ferramentas e restos pétreos que incluían mesmo unha zafra de cuarzo para tallar a pedra. A década dos oitenta e dos noventa verían novas investigacións que reafirmaron a importancia do depósito, que "supuxo a entrada en Galicia na moderna investigación sobre Prehistoria". Alén deste feito, os restos atopados deron tamén nun intenso debate sobre a duración do período Acheulense en Galicia. A primeira datación con Carbono-14 sobre os restos aparecidos provocou que se desenvolvese a teoría de que no noso país este tipo de tecnoloxía de tallado sobreviviu moito máis tempo do que no contorno, unha proposta que, á luz dos últimos coñecementos, tende a se desbotar. "A día de hoxe, os últimos traballos avalían que estamos ante un depósito acheulense no que hai unhas capas máis antigas e pouco removidas que podemos considerar que se atopan no seu sitio e outras superiores con restos que si están removidas e que chegaron alí por procesos naturais", completa Villar.
Habitantes acheulenses
Segundo explica esta investigadora á luz dos actuais coñecementos sobre aqueles poboadores, os habitantes do Budiño paleolítico eran "posiblemente neandertais e percorrían un territorio amplo. Polo xeral amosaban preferencia por zonas lacustres e pantanosas e por aqueloutras onde puidesen obter materias primas". Neste sentido, asegura, a zona da que falamos supuña un espazo privilexiado: "Retiña auga estacionalmente e ademais había unha grande oferta de materia prima nas terrazas do Miño", explica. "Estiveron en Budiño e tallaron alí, pero non podemos dicir que fose un lugar habitacional de longa duración, porque polo que sabemos movéronse moito". Aínda que a grande cantidade de ferramentas atopadas puideran dar lugar a pensar nun asentamento mais ou menos permanente, Villar indica que "debemos pensar que un grupo tallando durante un día pode deixar milleiros de restos".
Outras historias
Alén destes restos, en Budiño apareceron aínda unha cista (enterramento individual) da idade do bronce que incluía un completo enxoval funerario. Cada a isto, existían na zona sete mámoas, que foron destruídas ao longo dos últimos vinte anos polos diferentes proxectos de ocupación industrial, e nos montes do contorno persisten aínda os restos de varios castros. A seguir na historia, os valores que se concentran na zona son do máis variado. Por exemplo, por aquí pasa o Camiño Portugués a Santiago. E foron estes humidais testemuña das correrías do Siñor Afranio, o disfraz de esmoleiro co cal Antón Alonso Riós tentaba salvar a vida en 1936. Tamén foron nas Gándaras os primeiros campos de experimentación que puxo a andar a coñecida empresa Zeltia aló por 1950. Do mesmo xeito, as lagoas sufriron o "Desarrollismo" da Administración Franquista, que chantou por riba das brañas un primeiro polígono industrial. A este seguiron aínda nos anos setenta e nos últimos anos novos espazos industriais que minguaron aínda máis o espazo natural e continúan a afectar a zona, o que non deixa de ser unha mostra da nosa propia evolución histórica.
Etnografía
A nivel etnográfico, as dificultades de tránsito no espazo deron en diferentes construcións de arquitectura popular, coma pontes e as chamadas poldras, camiños elevados que permitían desprazamentos cando a zona estaba anegada. Muíños e cruceiros súmanse ao patrimonio deste espazo que contou tamén no seu tempo con costumes propios. "Hai xente que xa morreu que lembraba pescar na lagoa en barcas, e iso é algo que xa se perdeu da memoria. De feito é moi difícil conseguir información sobre como estaba a zona antes dos anos 40", explica Xian Nieto, ambientalista e investigador da zona.
O espazo natural
A importancia ecolóxica deste humidal non ten dúbida. "É unha das tres grandes zonas húmidas interiores do país, canda a Terra Chá e a Lagoa e Atela", explica Nieto, que recoñece que en xeral ningunha delas está en bo estado. A falar do caso concreto do espazo Porriñés, lembra que "aquí o mais curioso é que en tan pouca superficie haxa tantos ecosistemas. Debía ser un ecosistema de gándara con tres grandes lagoas", explica. No entanto, a intervención humana ao longo da historia deu na aparición de novos ambientes nun espazo reducido. "Destas tres lagoas unha é o que queda da de Budiño. As outras dúas evoluíron en turbeira e aínda quedan restos de gándaras. Logo os campos de cultivo da zona que foron abandonados deron en bosques de ribeira, con ameneiros, freixos ou salgueiros, e mesmo hai zonas onde están a se formar carballeiras". Segundo explica o ambientalista, esta evolución relaciónase coas modificacións do nivel da auga, que segundo vai descendendo vai favorecendo a aparición sucesiva dos hábitats mentados. De calquera xeito, e malia ao interese destacado de cada un destes ecosistemas, Nieto ten claro que "sería máis enriquecedor que fose só un ecosistema de lagoas, turbeiras e gándara, que era o orixinal".
Especies únicas
Estas características permiten a existencia na zona de especies únicas en Galicia. "Aquí está a maior poboación galega do sapoconcho común, cría o charneco, e viven a garza pequena, o mergullón pequeno ou o sapo de uña negra. Mesmo houbo unha cegoña que chegou a criar", explica Nieto, quen engade aínda animais que mesmo desapareceron desta área, como "o demo negro ou galiñola negra, que xa non se ve". En canto a flora, este ambientalista sinala os casos da Genista ancistrocarpa, que só conta con dúas poboacións a maiores en toda a Península, da Succissa Pinnatifida, con tres poboacións máis, e mesmo apunta a posible presenza de Rhinchospora modesti-lucennoi, que o Ministerio de Medio Ambienta dá xa por extinguida na zona.
Ameazas finais
A última chamada de atención sobre este conxunto veu da man do documental "As Gándaras de Budiño e ribeiras do Louro" que desenvolveron a consultora ambiental Píntega e mais a Asombra Producións. Segundo explica Nieto, que foi guionista do proxecto, "a idea xurdiu coa celebración do Ano das Zonas Húmidas, pareceunos que era un sitio moi descoñecido, e que cumpría algo novo para chegar a máis xente". Un subsidio da Xunta e mais o apoio do Concello do Porriño permitiron desenvolver unha produción que afonda nos valores únicos deste conxunto. Persoalmente dáme moita rabia o mal que está co valioso que é, son moitos anos a ollar como van a menos". Nieto alerta do perigo inmediato ao que se enfronta á zona. "Desde a primeira proposta da Rede Natura ata a actual reduciuse un 25% a superficie protexida", sinala, "eu vexo o futuro moi negro". Segundo el, a vindeira aprobación do plan de ordenación municipal de Tui e mais novos proxectos no Porriño abrirán a posibilidade de futuras intervencións agresivas nas Gándaras. Malia a que accións coma a posta en marcha dunha depuradora en Guillarei poden mellorar en certo xeito a saúde da zona, continúan a se suceder agresións coma os desterres e os vertidos. "Hai pouco houbo un que cubriu dúas hectáreas cunha capa de vinte centímetros de alcatrán", lembra este defensor da zona. "Non se aposta polo espazo natural, non se ve coma un recurso. En Portugal, en Ponte de Lima, están a traballar trinta e oito persoas, na agricultura ecolóxica, protección e divulgación dun espazo que ten a metade de superficie que as Gándaras. Se Portugal puido facer iso en plena crise, aquí será que non queren", completa. Aínda hai oportunidades.