A Coruña, Santiago e o MARCO de Vigo solicitan máis axudas institucionais

O que non chora non mama

Cada vez son máis os que loitan por conseguir un reparto da torta. E a torta son os orzamentos presupostarios que se aproban anualmente. E cada quen pide na porta que lle corresponde, no momento no que pode (ou pode conseguir maior toque de efecto) e ante a instutición que considera pertinente. Onte no Parlamento o PPdeG presentaba unha proposición para que o pleno apoiase a declaración da Torre como Patrimonio da Humanidade. Unha proposta que gañou por maioría e que lle servíu a un deputado e concellal coruñés reclamar un maior apoio á Xunta ó considerar que existe un trato discriminatorio. E tamén por este motivo, o concello de Santiago pide máis axudas á deputación para a programación do Auditorio como fai con outros municipios. O último foi o Museo de Arte Contemporánea de Vigo que acaba de conseguir que a Deputación forme parte do Padroado e ingresa na fundación con 150.602 euros anuais.

Relación Xunta e a Coruña

As reclamacións de Francisco Vázquez demandando máis apoio por parte da Xunta de Galicia á cidade da Coruña non é algo novo. De feito son reivindicacións vellas e reiteradas e a última en sumárselles tivo lugar onte no Parlamento. Con motivo bastante diferente, porque o que se aprobaba era unha proposta do PPdeG para conseguir que o pleno apoiase a candidatura da Torre de Hércules ante a UNESCO. Alí, o concellal José Luís Méndez aproveitou que o tema era A Coruña para facer un repaso (con datos comparativos do apoio da Xunta ás diferentes cidades) para reclamar un maior apoio económico á cidade da Coruña. Por iso, José Luís Méndez esixíu ó grupo de goberno un "cambio de rumbo" na política económica que practica na cidade.
No que atende á Torre de Hércules, a Xunta instará ó Goberno central a que promova a inclusión do faro bimilenario na lista de monumentos históricos que aa UNesco propoñerá para ser declarados Patrimnio da Humanidade. A Cámara galega é así a última en sumarse a un cúmulo de peticións que non deixaron de recibir adhesións desde que recibíu o primeiro impulso por parte do Instituto de Estudios Torre. O concelloda Coruña, a deputaión e a Cámara de comercio xa apoian a Institución.














Santiago e a música


Se a Coruña esixía a Xunta que cambiase a súa política económica e dese un novo cambio de rumbo menos discriminatorio, o concello de Santiago fai o mesmo, aínda que con outro carácter e noutra porta: a da deputación. De feito reclamou axudas para potenciar a programación local de música, a través dunha fórmula económica que as cofinancie, como a que desenvolve con outros concellos. O encargado de elevar as queixas e as peticións foi o concellal delegado do Auditorio, Manuel Portas que fixo unha doble comaparación. A primeira co trato diferenciado que existe entre o Consorcio de Promoción da Música de A Coruña, promovido polo concello herculino, á que lle ofrece un presuposto de 780.000 euros. A segunda das comparacións tivo lugar consigo mesmo, co convenio que se desenvolveu durante os anos 1992, 93 e 94 cando existía unha aportación duns 450.00 euros anuais. E para xustificar esas peticións, Portas incideu na activiade cultural que ofrece o Auditorio cara fóra e cara dentro. Cara fóra polos concertos realizado e cara dentor, pola súa aportación pedagóxia para a educación musical dos novos. Unhas demandas que se presentarán no pleno municipal que ten lugar hoxe.














O MARCO coa deputación

E o último apoio en sumarse ó Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo é a Deputación Provincial. E faino formando parte do seu padroado. E este apoio implica que os fondos do marco reciban das arcas desta institución con 150.602 euros anuais. Con este apoio, a Deputación engádese os apoios ofrecidos polo Concello, a Xunta de Galicia e Caixanova, entre os que sumarán un orzamentod e 2´4millóns d eeuros (uns 400 millóns de pesetas). Unha cifra que é a que se estima como gasto de funcionamento.