Grupos ecoloxistas reclaman a protección de sete zonas marítimas galegas e denuncian o proxecto de facer un lago nas Pontes

Verdes mares, negros lagos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A Fundación Biodiversidade, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, e mais a organización ecoloxista Oceana, demandaban onte a protección para sete espazos mariños galegos. As illas Sisargas, os baixos fronte a Carnota ou zonas de algas vermellas das rías de Arousa e de Vigo son algunhas das áreas de importancia ecolóxica que propoñen conservar. Ao tempo, a Federación Ecoloxista Galega anunciou onte a súa intención de denunciar ante ante organismos europeos o proxecto que ten ENDESA de facer un lago no oco da mina das Pontes.

Máis información no web de Oceana en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos sobre a protección de áreas mariñas; sobre o lago das Pontes

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Galicia Hoxe, Federación Ecoloxista Galega, Arousa...