Coordinar as actividades, adoptar medidas para a súa promoción conxunta no exterior e definir un calendario equilibrado de celebración de festivais de cine. Este é o obxectivo da xuntanza que uniu aos representantes dos festivais de cine, mostras e certames audiovisuais do paÃs co director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández, coa xefa de servizo de Estudo de Análise, Ana Frutos, e o subdirector xeral de Telecomunicacións, Manuel Conde Mouzo. A xuntanza servirá para definir unha polÃtica de actuación en materia de festivais, que xa se iniciou no 2006 coa creación dunha liña de axudas competitiva.
Máis información no web da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en El Correo Gallego e Galicia Hoxe