Co peche da Librería Cervantes desaparece a libraría máis antiga de Vigo

Cervantes pecha o libro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Despois de setenta anos vendendo libros na céntrica Rúa Policarpo Sanz de Vigo a Librería Cervantes vai pechar definitivamente as súas portas. O establecemento era o máis antigo en activo da cidade e remodelárase no ano 2001. A alta dependencia destes establecementos da venda de libros de texto, agora cubertos polo programa de gratuidade, os baixos índices de lectura da poboación e a competencia das grandes superficies aparecen mencionados unha vez máis polos libreiros como causa da continua desaparición de establecementos emblemáticos nos últimos tempos.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cervantes, Vigo, La Voz de Galicia

Claves

Entidades
Lugares