Unha guía avoga pola especialización das compañías teatrais para a súa profesionalización

Plan de empresa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Instituto Galego de Promoción e Emprego (IGAPE) e BIC Galicia (Centro Europeo de Empresas e Innovación) veñen de publicar unha “Guía de actividade empresarial” dedicada ás artes escénicas. Un documento que pretende achegar información para aqueles que desexen crear unha empresa dentro deste sector. A guía tamén ofrece conclusións e recomendacións tendo en conta a situación actual das artes escénicas e avoga pola especialización, como camiño inescusable para a profesionalización. Considera que a principal ameaza está na falta de distribuidores de espectáculos e recomenda que os prezos das actuacións se fixen en función dos custes de produción.

Consulta o informe o web do IGAEM (en pdf)

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Artes Escénicas, IGAEM, Igape...