A nova Lei do Libro e da Lectura acaba de entrar en vigor. O texto que fai da Edición unha industria estratéxica para o paÃs promete revolucionar a nosa relación coas páxinas ao longo dos vindeiros anos. Pero, ¿como será o paÃs que promete o texto legal? Consultamos con representantes dos sectores implicados como ven a Galicia do futuro á luz da Lei do Libro.
Polo momento trátase maiormente dunha esperanza. AÃnda quente e cun orzamento inicial de máis de sete millóns de euros para iniciar a súa andaina, a Lei do Libro quere subir o Ãndice de lectura en Galicia, modernizar as bibliotecas e abrilas á sociedade e conseguir un sector editorial forte e con acceso aos mercados internacionais. Aprobada no fÃo de 2007 co apoio unánime dos actores implicados e co acordo dos grupos polÃticos, o texto semella unha oportunidade histórica para o paÃs ao tempo que un desafÃo á sociedade. Segundo recoñece Alfonso GarcÃa SanmartÃn, presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), este "é un texto que muda o panorama do libro a nivel social e responde ás inquedanzas e problemas do sector. Pero non se pode agardar que por existir unha lei vaia mudar a presenza do libro na sociedade, iso implica un compromiso global", explica. "En ocasións vemos que no ámbito da cultura e da lingua ás veces a lei pode ir por diante da resposta social", completa. No mesmo sentido, Xesús Couceiro, libreiro veterano que participou no proceso de elaboración do texto, indica que "como todas, vai depender máis da aplicación que do texto". A eles súmase aÃnda Isabel Blanco, responsable galega da Asociación de Bibliotecarios ANABAD: "Se o texto viñese sen memoria económica non terÃa sentido, pero conta cun amplo orzamento e entendemos que parte irá á mellora de bibliotecas".
Onde se fan
A ollar o texto legal desde a perspectiva das empresas que se dedican á produción de libros, "a lei ofértanos unha serie de elementos que desde a perspectiva editorial facilitará que loitemos por unha mudanza", asegura GarcÃa SanmartÃn. Dentro dos cambios que lle agardan ao sector, o representante dos editores atrévese a adiantar algúns riscos destas empresas no futuro próximo. "É moi difÃcil facer unha previsión de como vai ser o panorama, pero vexo as editoriais en xeral máis fortes e máis profesionalizadas. Ata o momento en moitos casos están fundamentadas máis no compromiso cultural e lingüÃstico do que no ámbito empresarial, e as posibilidades de futuro pasan porque se convertan nunha oferta profesional. Ademais, temos que nos abrir a unha pluralidade temática, non podemos estar reducidos ao ámbito literario e lingüÃstico e depender da escola". Claro que para isto cómpre, segundo recoñece, que a sociedade evolúa de xeito que poida manter un mercado cultural interno. De feito apunta que nun ámbito como a edición universitaria "a limitación de mercado condiciona as posibilidades, pero nunha sociedade normalizada debe haber edicións de todo tipo".
Onde se vende
Sobre as librarÃas, Xesús Couceiro apunta que "non é o sector máis beneficiado" na nova lei. A espreitar o futuro atrévese a vaticinar que "desde o meu punto de vista as librarÃas van sufrir unha transformación. Penso que nunca desaparecerán, pero non vai ser un sector apetecible para o capital", explica. "Xa nunca o foi, e a proba é que non existen cadeas de librarÃas. Penso que os establecementos terán que se especializar máis. As grandes áreas venden xa os libros do texto e as novidades, entón na librarÃa terán que estar outros produtos", explica este libreiro. Sen moito optimismo, adianta tamén que "van desaparecer moitas. Nas grandes cidades as librarÃas non poden facer fronte ao custo dun local". De xeito paralelo a outros ámbitos do sector do libro, tamén se prevé unha maior profesionalización do persoal das librarÃas, un punto que está contemplado especÃficamente no novo texto legal. Como tendencia curiosa, Couceiro adianta que "penso que irán xurdindo máis librarÃas de vello, que ao mellor é algo conveniente", explica, "prestan un servizo moi especial, e a iso non se vai dedicar o capital, ten que o facer unha persoa que ademais de o pasar ben co libro poida vivir del".
Onde se len
Tamén se agardan deste texto melloras no campo das bibliotecas, uns espazos que teñen pendente o seu propio texto lexislativo. Segundo explica Isabel Blanco, "agardo que a situación mellore, na lei queda de manifesto que a responsabilidade da lectura é social e iso propicia programas de colaboración entre os sectores". En xeral, esta bibliotecaria non considera que no futuro inmediato vexamos unha multiplicación de centros deste tipo. "Non cómpren máis, senón que sexan mellores. Os concellos declaran ter en conxunto 291 bibliotecas, e son moitas para os municipios que temos. O problema é que funcionan como almacéns e salas de estudo, non coma bibliotecas", explica. Neste sentido reclama unha mudanza no modelo de centro, "agardamos que a vindeira lei avale tamén un modelo de biblioteca que está a funcionar fóra e que aquà case non se aplicou", lembra. Os exemplos que apunta neste sentido son a propia Rede Municipal de Bibliotecas da Coruña, onde traballa, e os sistemas bibliotecarios de Portugal e de Cataluña, xa fóra do paÃs. "O éxito das bibliotecas está na diversidade dos servizos, temos demandas diversas e hai que se adaptar a elas", explica. Nese mesmo sentido, a Lei prevé potenciar en boa medida o papel das bibliotecas como centros culturais, unha proposta na que concorda coa opinión dos representantes do sector. "As bibliotecas teñen que ser centros culturais. Deben acoller presentacións de libros e de discos, concertos, proxeccións de cine..." A proposta de Blanco vai aÃnda alén e reclama unha posibilidade interesante de cara ao futuro. "Queremos que as aulas de informática e os telecentros estean dentro das bibliotecas, que son a quen lles corresponde a alfabetización dixital", explica, recollendo unha experiencia xa en marcha na Coruña. "En ocasión créanse estes espazos nas vilas e logo non teñen contidos, e os bibliotecarios poden achegarllos", completa.
Novas tecnoloxÃas
Un grande desafÃo para o conxunto do sector, e no que incide en boa medida a Lei do Libro, é a incorporación das novas tecnoloxÃas. Como vemos, nas bibliotecas teñen en conta a importancia de as incorporar de xeito inmediato. "Non se concibe xa unha biblioteca sen conexión á rede para o usuario, e por suposto para o bibliotecario", indica Blanco. Pola banda dos editores teñen clara a necesidade de se adaptar. "É un reto importantÃsimo para nós. De feito na nova lei estatal xa se muda a concepción mesma de libro. Debemos cambiar o chip e pensar que tanto o papel coma as novas tecnoloxÃas son complementarias", explica GarcÃa SanmartÃn, que agarda ver produtos deste tipo con selo galego para o futuro. De calquera xeito, as novas achegas abren tamén novas cuestións. "Hai un problema previo, que é a cuestión dos dereitos e da copia incontrolada, que frea as posibilidades de desenvolvemento destes produtos. É un novo problema ao que se enfronta a edición", explica desde a Asociación de Editores. En canto aos libreiros, Couceiro sinala que "a librarÃa de hoxe xa ten incorporadas as novas tecnoloxÃas, con máis ou con menos acerto. Non penso que nese sentido o sector evolúa moito, non é de grandes movementos. O futuro será mais ou menos coma hoxe".
Máis desde o futuro
Canda a todas estas prospeccións, existen, claro está, propostas concretas que poderemos ver nun futuro inmediato. Tanto na Lei como no Plan de Lectura que se está a desenvolver podemos encontrar unha serie de ideas que apuntan posibilidades de futuro para o sector. Por exemplo, as bibliotecas contarán cun "carné por puntos", que permitirá aos usuarios acceder a descontos e outras vantaxes á hora de adquirir produtos culturais. É de agardar tamén que se faga realidade a proposta dun portal centrado na lectura no que se concentre unha boa cantidade de textos dixitalizados e de información sobre o sector. A ordenación da edición pública, coa creación dunha librarÃa de publicacións da Xunta, daranos a ocasión de enxergar finalmente con claridade todas esas edicións ata o momento atomizadas. Campañas de divulgación de todo tipo, actividades do máis variado e un lote de propostas destinadas a nos convencer da importancia da lectura han facerse algo cotián. Quedamos pendentes de ver en breve ese futuro de libro.