"Era unha vella teima que tiña, reflexionar sobre o papel que están a desenvolver os cascos históricos", explica o fotógrafo. "A idea era facer un percorrido por como estaban estas zonas, xa non só nas grades cidades, senón tamén nas vilas". Deste xeito, a lugares emblemáticos coma Compostela, Pontevedra ou Allariz, sumáronse espazos menos coñecidos, coma Ribadeo, Tui, VerÃn ou Corcubión, por todo o ancho do paÃs. A proposta, aÃnda que semelle estraño, é pioneira. "Que eu saiba non hai ningún libro en Galicia e dubido que no Estado que reflicta todos os cascos históricos dunha comunidade. Hainos sobre Santiago e pouco máis, realmente".
Unha obra histórica
De todo este traballo xurdiu agora "O corazón das cidades. Cascos históricos de Galicia", un libro que publica a Fundación Caixa Galicia. Na obra, as fotos de Lobato acompáñanse por textos de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, de Celestino GarcÃa Braña, decano do Colexio de Arquitectos e de José LuÃs Gómez, director do Grupo Capital. O conxunto achega, ademais de imaxes artÃsticas, unha completa reflexión sobre a situación e a función destes espazos urbanos. "A idea é amosar a situación dos cascos. Pero quixen achegar non só un inventario patrimonial, senón representalos tamén coma un órgano vivo", explica o fotógrafo.
O momento das zonas monumentais
Desde a ollada privilexiada que lle outorga esa miúda exploración das rúas máis antigas do paÃs, Lobato analiza a situación dos cascos vellos. "Estes espazos están a se recuperar, con máis ou con menos fortuna. Están habitándose de novo e fanse outra vez algo útil para a cidade", reflexiona este autor. "Agora todo o mundo entende que non se pode facer un desenvolvemento urbano coma o dos anos sesenta. Hai que ter en conta non só que os cascos históricos son un atractivo turÃstico, senón que teñen importancia para entender o que foi un paÃs nun determinado momento".
Tabernas e lugares
Ese deambular deulle a Lobato a oportunidade de coñecer elementos do máis curioso en todo o paÃs. "DescubrÃn moitos lugares con encanto. Algunha taberna en Ribadeo que fachendeaba de ter viño turbio do Ribeiro, cando agora todos os sumilleres tentan tirarlle o carácter turbio. Ou o museo que ten en Mondoñedo o Mago MerlÃn. Ou os soportais de Muros", lembra. Canda a estes recantos concretos, o fotógrafo explica algunhas tendencias que detectou nas zonas vellas galegas. "Son lugares onde aÃnda están os oficios artesáns. AÃnda se manteñen as vellas tabernas, e en contraste, ao tempo son os espazos onde se dá a movida e supoñen un punto de atención para a mocidade", explica. "Tamén se dá a convivencia entre a arquitectura tradicional e as creacións de vangarda en labores de recuperación, conflúe neles unha dualidade".
Luces e espazos
"A liña que tratei de empregar foron luces de atardecer e moitos xogos coas sombras. Mesmo hai moitas luces case de noite. ParecÃanme máis evocadoras e que reflectÃan mellor os ambientes", explica este investigador das zonas históricas. "Púñanme de xeito máis diáfano na ollada que querÃa ofertar, cara atrás". Logo de ver tantos lugares, Lobato non dubida en sinalar os seus favoritos. "Como lugar gústame moito Allariz por todo o que se fixo alÃ. Tamén aprecio o encanto de Mondoñedo, naquelas rúas aÃnda me sinto acompañado por Cunqueiro e por todos os bispos que viviron alÃ. Logo tamén é interesante o casco vello de Pontevedra, e do de Santiago xa nin hai que falar". Agora podemos velos todos xuntos e ben retratados.
O corazón das cidades
Tellados da catedral de Santiago
Imaxe cedida por Xurxo Lobato
Agradecementos á Fundación Caixa Galicia
O corazón das cidades
Celebración do DÃa das Letras tocando o saxo na cidade vella. A Coruña
Imaxe cedida por Xurxo Lobato
Agradecementos á Fundación Caixa Galicia
O corazón das cidades
Muralla de Lugo de noite, na néboa
Imaxe cedida por Xurxo Lobato
Agradecementos á Fundación Caixa Galicia
O corazón das cidades
GalerÃas en Caixa Galicia. Monforte de Lemos
Imaxe cedida por Xurxo Lobato
Agradecementos á Fundación Caixa Galicia
O corazón das cidades
Casco vello de Viveiro. Convento de monxas Concepcionistas
Imaxe cedida por Xurxo Lobato
Agradecementos á Fundación Caixa Galicia
O corazón das cidades
Casco vello de Vigo. Ribeira do Berbés
Imaxe cedida por Xurxo Lobato
Agradecementos á Fundación Caixa Galicia
O corazón das cidades
Escaparate dun pequeno comercio no Casco Histórico de Pontevedra
Imaxe cedida por Xurxo Lobato
Agradecementos á Fundación Caixa Galicia