Carlos Álvarez, Gustavo Pernas e José Luis Prieto compiten polo premio Max ao mellor autor teatral en galego

Max teatro

Xa se coñecen os finalistas dos premios Max, que recoñecen as melloras obras de teatro representadas no último ano. O andaluz Carlos Álvarez por unha obra en galego e castelán, “A casa do pai”; Gustavo Pernas por “Final de película” e José Luís Prieto por “Carambola: cóncavo convexo” son os finalistas no premio a mellor autor teatral en galego. Nesta edición, as grandes favoritas son “Antígona ten un plano” (de Javier Muñoz) que ten once candidaturas e “Peer Gynt” (de Calixto Bieito) con oito. O gañador saberase o 16 de abril no transcurso da gala desta décima edición.

Máis información no web dos premios, en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Faro de Vigo e na nosa hemeroteca