Plácido Castro foi un home culto e o seu carácter aberto permitiu situar en Galicia no mapamundi. Non tanto por dar a coñecer a nosa cultura no exterior, senón por facer a viaxe inversa, a de achegar a cultura británica que lle era tan próxima a Galicia. Estes días o seu nome vólvese escoltar ao fallarse unha nova edición dos premios que levan o seu nome.
Naceu e morreu en Galicia pero entrementres hai unha intensa vida de viaxes e experiencias en numerosos lugares do mundo pero sobre todo Gran Bretaña. Plácido Castro foi xornalista, traductor pero, sobre todo, un embaixador da cultura galega en dúas direccións: tanto para achegar Galicia o mundo, como para descubrir aquí os lugares que visitaba. Malia que Plácido morreu o 17 de xuño de 1967 a súa memoria continúa viva a través da fundación que fundou o Instituto Galego de Documentación e Información (IGADI).
Unha fundación e as actividades
O banqueiro anarquista de Pessoa e Diario dun tolo de Vasilievich a cardo de Xoán Montero e Ekaterina Guerbek foron os gañadores da última edición do premio que concede a fundación en colaboración coa Asociación de Tradutores Galegos (ATG). Uns premios que, no fondo, recoñecen o traballo de todas aquelas xentes que achegan á nosa lingua, literatura estranxeira. En parte, non é máis que o que fixo o propio Plácido Castro ao longo da súa vida. Como bo coñecedor de numerosas linguas pasou ao galego poesía inglesa e francesa en multitude de traducións que se presentaron tanto en formato libro como diseminadas por xornais galegos e hispanoamericanos.
A Fundación Plácido Castro, integrada polos Concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Traductores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, pretende con este premio honrar unha das facetas de Plácido Castro. Pero non foi a única. Xunto con Álvaro de las Casas, foi un dos promotores da Asociación de Escritores Galegos (1936), unha iniciativa que lle custou varios meses de cárcere e un desterro de oito anos a cen quilómetros da súa Coruña natal.
Galicia no mundo
Plácido Castro aterrou en Glasgow con tan só seis anos. Foi o momento no que o seu pai o mandou estudar a un colexio e que contribuíu á formación do seu carácter tal e como o coñecemos hoxe. Foi alí onde entrou en contacto coa intelectualidade británica que logo había de traducir ao galego e desde onde se iniciou no mundo xornalístico coas Crónicas desde Londres na etapa fundacional de El Pueblo Gallego. A partir de aí inicia unha relación intermitente coas illas británicas. Volveu na etapa da II República e, nos primeiros anos do franquismo, decidiu pasar os duros momentos da represión en Londres. Foi alí cando retomou a súa faceta como xornalista, con traballos para a BBC como redactor-locutor nos programas de español, galego e portugués, así como nas numerosas colaboracións en xornais como Informaciones, o bonaerense La Nación ou o Jornal de Noticias portugués. De feito, esta é outra das facetas que a fundación que leva o seu nome pretende atender, isto é, a recuperación e difusión da súa obra artística e literaria, especialmente no campo da traducción, do pensamento e xornalística.
En 1956 regresa a Galicia para instalarse en Cambados onde, ademais de impartir clases no Instituto Laboral de Vilagarcía de Arousa, iniciou unha prolífica actividade xornalística en xornais como Diario de Pontevedra, La Noche, A Nosa Terra, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e mesmo na revista Grial.
O compromiso político
Paralelamente a todo isto, Plácido Castro desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade política. Acompañou a Castelao, Bóveda, Xerardo Álvarez Gallego nos actos do Partido Galeguista a favor do Estatuto de Autonomía. Foi máis alá e integrouse nos anos trinta no núcleo de dirixentes do Partido Galeguista. De feito, representou a Galicia no IX Congreso de Nacionalidades Europeas (vencellado á Sociedade de Nacións) en 1933 co que Galicia acadou ante 14 países o recoñecemento internacional de nación.