En Redondela os nenos recuperan os xogos e en Ferrol os maiores escriben

Xogando coas ilusións

Di o dito popular que os vellos dúas veces nenos. E os nenos e os maiores son o principal obxectivo e cometido das principais actividades que organian colexios e centros de atención ós maiores. En Redondela un colexio celebra a semana das "Xornadas de Xogos Populares" para que os cativos coñezan novos pasatempos para pasar as súas horas de lecer. E en Ferrol, o Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores acaba de publicar a primeira revista feita polos maiores. Para grandes e pequenos.

Para os nenos


Hai uns meses, a revista do colexio de Educación Infantil e Primaria de Cedeira "Batea" presentaron unha reportaxe de investigación sobre os xogos que practicaban os pais dos nenos que estudiaron no mesmo centro. E esta iniciativa retómase agora pero con outro sentido, o de recuperar no sentido máis literal da palabra os xogos. E con ese motivo os profesores decidiron organizar durante esta semana a "Xornada dos xogos populares". Unha iniciativa que pretende conseguir que os alumnos aprendan diferentes maneiras de gozar do seu tempo de lecer. Un tempo que, segundo as estatísticas, se adica cada vez máis ó consumo de videoxogos e ó futbol (no caso dos rapaces).
Esta iniciativa é un dos actos máis que se teñen organizado desde o propio centro para celebrar a Semana das Letras Galegas. Uns actos que acollerán unha convivencia con outros nenos do centro de Quintela, coas uqe compartirán actuacións, os xogos novos que acaban de aprender e unha merenda. Completa a xornada cultural con exposicións de obradoiros e actividades extraescolares.











e os maiores


Chámase "Ilusións" e o seu nome indica moito máis do que a simple vista poida parecer. Trátase da revista que acaba de poñer en marcha o Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores e que pretende ocupar ós seus maiores en realizar unha tarefa que os motive. Unha iniciativa que foi ben acollida entre os colaboradores que comparten dúas características: teñeen máis de sesenta anos e moita ilusión neste proxecto.
A iniciativa xestouse hai un par de meses nunha comida do alcalde de Narón cos usuarios do Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores que decidiron desenvolver unha iniciativa que consiga motivar ós maiores. E o froito de unificar esa interese e a motivación foi o número cero de "Ilusións" que se presentou esta semana, para facelo coincidir dentro dos actos do día das letras.
A revista xorde con vocación trimestral, editáronse mil exemplares desta publicación e chegarán de fomra gratuita a locais e colexios.
No primeiro número aparece unha entrevista co alcalde, unha reportaxe que recupera a memoria de tres veciños octoxenarios na súa infancia e xuventude, e unha entrvista co hisotirador Andrés Peña Graña na que se profundiza sobre a orixe do topónimo de Narón.