“Ceo” é o tÃtulo da obra composta polo coruñés Paulino Pereiro. Unha peza que estreou a Orquestra Sinfónica de Galicia (repite hoxe ás 20:30 horas) e que se inclúe dentro da súa liña de apoio aos compositores galegos. Mentres esta obra se presenta, os que se despiden son os integrantes do grupo folk ferrolán “Os Cempés”, que veñen de anunciar a súa separación. Despois de doce anos o grupo que ten no seu haber discos como “Capitán Re”, “Moe a Moa” e o recompilatorio “Circo Montecuruto” o grupo disolverase ao rematar a xira de concertos que iniciarán neste 2007.
Máis información en La Voz de Galicia sobre “Ceo” de Paulino Pereiro e sobre Os Cempés