A Secretaría Xeral de Emigración crea unha rede para por en valor o patrimonio do exterior

Catálogos de cen anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Ter máis de cen anos e facer parte do noso patrimonio no exterior. Estas son as dúas premisas que seguirá a Secretaría Xeral de Emigración na Rede Virtual do Patrimonio Galego no Exterior. Un catálogo virtual que se integra dentro do Plan Estratéxico de Emigración 2006-2009 e que pretende recoñecer o dobre papel destes centros: dunha banda pola influencia que exerceron na identidade cultural galega e da outra porque constitúen unha boa representación do país. Os Centros Galegos de Bos Aires, A Habana, Montevideo, ou Barcelona, entre outros, integrarán esta iniciativa.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Bos Aires...