As galerías abandonadas serán a base do parque temático Os Titáns de Viveiro

Unha mina para un parque

Recuperar unha mina como atractivo turístico e de ocio a través dun parque temático. Esta é a idea coa que están a traballar no Concello de Viveiro e que onte, cinco de maio, deu un paso adiante coa inspección das galerías da mina da Silvarosa, onde se pretende instalar un teleférico e organizar visitas guiadas para todos os interesados.

O parque

A idea que se baralla no concello de Viveiro é crear o parque temático Os Titáns de Viveiro, centrado arredor do traballo mineiro que se veu desenvolvendo nesta zona ata os anos setenta. Ás minas de ferro da Silvarosa engadiríase o atractivo da paisaxe mariña e do Souto da Retorta, un bosque con eucaliptos centenarios.
Dependendo das posibilidades que ofrezan as galerías da mina preténdese organizar un percorrido polo seu interior a pé e en teleférico, adaptado para todas as idades. Esta visita incluiría contidos pedagóxicos sobre o mundo a mina e nocións de Xeoloxía. Ademais, preténdese instalar un teleférico que realize parte do percorrido que facían antes as vagonetas co mineral desde a mina ata o embarcadoiro da Insua.












O estado das galerías


Xa hai unhas semanas Enrique Arce e Alfredo Peris, membroda Federación Coruñesa de Espeoloxía comezaron a analizar a situación das galerías da antiga mina, visitando a galería sete, "practicamente transitable" e "moi ben conservada" segundo eles. No domingo cinco de maio voltaron meterse baixo o chan para investigar outro tramo da mina, acompañados en parte do percorrido por Manuel Cordón, deseñador do parque temático Terra Mítica, César Aja, alcalde de Viveiro, o presidente da comunidade de montes da Silvaroa, Ángel Fernández e o mineiro xubilado Ángel Orol que exerceu de guía.
Os espeleólogos destacaron a beleza das estalactitas de cobre que atoparon no seu percorrido e o son da auga no interior da cavidade. Segundo eles, só sería necesario efectuar recheos en certos tramos das galerías visitadas para evitar a acumulación de auga e reforzar a madeira do encofrado para permitir visitas con seguridade.




As minas

As minas da Silvarosa naceron durante os anos trinta polo interese dunha empresa alemana en extraer ferro nesta zona. Desde entón e ata os anos setenta excabáronse arredor de tres quilómetros de galerías, incluíndo unha sala con capacidade para máis de cincocentas persoas que logo se pechou. Na actualidade consérvanse sete galerías A mina está situada no alto dun cantil desde o que, mediante un cabo, baixábanse as vagonetas co ferro ata o cargadeiro da Insua, situado a carón do mar.