Ou viñan por erro, ou estaban de paso ou directamente viñan espiarnos. O perfil dos viaxeiros anglófonos que pasaron por Galicia ao longo do século XVIII é variado e deixa claro que en ningún caso viñan por gusto. Jacobo GarcÃa Blanco-Cicerón, un investigador destas aventuras, achéganos agora nun libro as curiosas peripecias destes visitantes nun libro que vai editar a Fundación Barrié.
Tampouco é que fosen unha chea. Segundo os datos que manexa Jacobo GarcÃa Blanco-Cicerón, autor da obra "Viajeros angloparlantes por la Galicia de la segunda mitad del siglo XVII", que editará nos vindeiros meses a Fundación Barrié, foron media ducia os falantes de inglés que nos viñeron ver naqueles anos e que deixaron ademais constancia da súa viaxe. Segundo el, a relativa escaseza das visitas explÃcanse polas circunstancias polÃticas do momento. "España e Inglaterra están en guerra case constante, e cando non o están, preparan a seguinte", explica o autor. Estes avatares bélicos condicionaron en boa medida, o escaso número de visitantes que desde Inglaterra visitou o noso paÃs. "Os contactos culturais e comerciais estaban moi limitados, e os ingleses pensábano moito antes de visitar España".
Viaxes de traballo
Nesas circunstancias, non nos sorprenderá entón que non fose o turismo a razón xeral das visitas que estes viaxeiros realizaron ás nosas paisaxes. Mais ben ao contrario. "Case todos viñeron por traballo ou por motivos inconfesables", sinala Jacobo GarcÃa, "e por inconfesables referÃmonos fundamentalmente á espionaxe". Malia a que nun comezo pode soar estraña a idea de Galicia como un punto destacado de operacións clandestinas, debemos ter en conta que o ambiente bélico ou prebélico no transcorreron aqueles cen anos favorecÃa este tipo de operacións. Máis se temos en conta que foi entón cando se puxo en marcha o Arsenal Militar de Ferrol, unha das bases máis importantes para a defensa do Reino. Houbo casos, coma o de Alexander Jardine, que canda a súa tarefa de informador desenvolveu o cargo de cónsul inglés da Coruña e que mantiña correspondencia con Jovellanos.
Visita a Ferrol
Deste xeito, varios dos viaxeiros anglófonos que nos visitaron tiñan aquel novÃsimo arsenal ferrolán como escala habitual. Foi o caso de William Darlymple, militar "que saÃu de Xibraltar coa clarÃsima misión de espiar todos os sitios nos que parase. Ferrol era prioritario para a mariña e era un obxectivo moi claro en Galicia", explÃcanos o investigador destas viaxes. Outro dos espÃas británicos que nos visitou foi James Bruce, "que mesmo deseñou un plan para apoderarse de Ferrol e llo pasou á mariña inglesa. Unha proposta moi semellante púxose en marcha máis tarde para atacar a Habana". De xeito curioso este espÃa foi tamén un dos pioneiros da exploración do continente Africano. Por curioso que nos pareza, a actividade destes informadores non era especialmente discreta. "Dábase por sabido a qué viñan, pero nos costumes daquela habÃa un algo de cabaleirosidade", explica o autor, "os mariños non parecÃan moi preocupados e deixábanlles deambular con bastante tranquilidade polos portos". De feito, polo común era o sector eclesiástico o que amosaba unha maior desconfianza cara a eles. "Aos curas parecÃalles que os ingleses viñan do inferno e púñanlles dificultades para visitar os sitios". E é que neste sentido foi bastante común nos itinerarios destes viaxeiros Santiago de Compostela. Aparentemente a visita non se debÃa aos seus atractivos históricos. "Outro obxectivo claro era a Catedral de Santiago. Os visitantes tentaban ver o tesouro para buscar un xeito de o roubar", sinala GarcÃa. "Con moi bo criterio nunca llelo deixaron ver".
O factor azar
O percorrido máis habitual incluÃa tamén A Coruña e Lugo, mentres nalgúns casos a viaxe levou estes turistas por Pontevedra e Vigo, de camiño a Portugal. "Os que non viñan a espiar pasaron por Galicia porque Ãan a outro lugar e acabaron acó por problemas cos ventos ou o tempo. Hai que pensar que as viaxes por mar daquela eran moi azarosas e que unha vÃa de auga ou un golpe de vento podÃan levalos onde non querÃan", explica GarcÃa. Foi esta casualidade o que deixou nas nosas costas un visitante tan ilustre como John Adams, que despois serÃa presidente dos Estados Unidos. Foi este o único visitante anglófono e non inglés que nos visitou, e Ãa cara a Francia cando arribou na Coruña e debeu completar o itinerario por terra. "Tivo que ir en pleno inverno e dixo que fora a peor viaxe da súa vida".
Impresións de Galicia
Foi precisamente Adams quen, segundo a obra de Jacobo GarcÃa, levou unha impresión mellor de Galicia. E tampouco é que fose moi eloxioso. "De entre todos eles o americano é en todo caso o mais neutro, non tiña a actitude dos ingleses". Polo xeral, o retrato que fan estes do paÃs e da xente non é nada afagador. "Non lles gusta nada. Parécelles ofensivo o lixo das rúas, o teatro, os aspecto da xente, a comida, o ruÃdo dos carros de bois, mesmo a cor das ovellas", explica este investigador. "Un non sabe se pensar que a vida galega era en realidade tan miserenta ou se eles viñan con prexuÃzos de máis. O máis probable era que fose unha mestura das dúas cousas". Como se pode imaxinar, o noso paÃs non sae moi ben parado, e dirÃase que estes visitantes mesmo obvian o que poida haber de bo. "O cadro que describen é dunha pobreza e miseria cultural e material lamentable. Hai un veo que de prexuÃzos. Por exemplo, ningún deles se amosa admirado pola catedral de Santiago, e debemos pensar que daquela era unha relativa novidade. FÃxanse máis nas cousas q non lles gustan, como a fachada neoclásica da catedral de Lugo", salienta GarcÃa. Claro que a paisaxe non era especialmente favorable aos turistas. Unha deficitaria rede de estradas, a carencia dunha rede de albergue axeitada, as mulas, cabalos e dilixencias como principais medios de transporte...
Un caso de paso
De camiño cara a Lisboa, onde estaba destinado o seu tÃo como crego, deixou constancia da súa visita Robert Southey. "Era un poeta, un home novo que se acababa de casar en segredo, e como non tiña medios de vida veu co tÃo para a Lisboa, explÃcanos o investigador das andanzas destes visitantes. "Era moi radical e soñaba coa Revolución Francesa, pero tiña unha versión moi negativa de todo o meridional, mesmo da literatura española, da que traduciu moitos clásicos para o inglés. De todos os viaxeiros desta época fixo a que pode ser a descrición máis completa do paÃs, de onde se poden tirar máis datos, pero era tamén o máis negativo na súa apreciación".
Unha travesÃa
As circunstancias das viaxes dan lugar a unha chea de anécdotas e de situacións curiosas. "Hai unha moi bonita que conta Darlymple, unha travesÃa en barco entre Ferrol e A Coruña que resulta moi divertida", lembra o autor desta obra. Resulta que os mariñeiros, no lugar de atravesar por mar aberto, metéronse entre unha rocha, que polo que describen é a coñecida Marola e mais a costa. Entón o barco queda sen vento e as ondas vano empurrando cara á costa. E Darlymple narra o que acontece ata que acadan saÃr. O cura que pide axuda ao ceo, o acólito que pasa a colecta para que axuden as almas do purgatorio, os mariñeiros que azoutan os costados do barco cunha corda como se fose unha mula... Ten realmente momentos moi bonitos". Mal que ben, temos agora a oportunidade de coñecer unha ollada diferente sobre un perÃodo moi concreto da nosa historia. Cando non eran peregrinos nin turistas os nosos visitantes.