Mozos de varios continentes debaten en Oleiros o futuro dos humedais

A nova Ramsar

Oleiros acolle estes días unha mostra máis de que os mozos novos están cada vez máis preocupados polo entorno que os rodea. Trátase dunha xuntanza do "Foro Internacional de Mozos e humedais" na que mozos de varios continentes sentarán os puntos de conexión das medidas que se deben poñer en marcha para protexer zonas naturais húmidas. Un documento que se presentará no próximo encontro de Ramsar que se celebrará en Valencia do 8 ó 12 de novembro. E todo isto ó mesmo tempo que demandan que aumente o número de humedais protexidos a Xunta de Galicia por en marcha un plan para a recuperación de humedais da Terra Cha.

Xuntanza



Desde o pasado mércores e ata o domingo, uns vinte participantes están no CEIDA (Centro de Educación, Divulgación Ambiental e Extensión Universitaria) de Oleiros debatindo e sentando as claves prara un futuro posible que ten no ecoloxismo (e sobre todo nos humedais) o seu principal campo de batalla. A finalidade principais é o de debater un uso racional e o futuro dos ecosistemas desde o punto de vista social, económico e cultural.
E desta xuntanza sairá un documento que recollerá as bases e os documentos que se presentarán na futura convención de Ramsar que terá lugar en Valencia o vindeiro mes de novembro.
As principais cuestións que se abordan estes días en Oleiros están relacionados cos usoatraicionais, a comunicación ambiental, a calidade de vida e oportunidades sociais e as novas oportunidades que supón un futuro baseado no ecoloxismo e no respecto ós humedais.












Situación en Galicia






En Galicia existen arredor duns oitocentos humedais, dos que soamente cinco forman parte do convenio internacional Ramsar. É dicir, gozan das medidas de protección e de recuperación que se fixan nese convenio, un acordo asinado en 1971 na cidade iraní que lle dá nome a este proxecto, onde o que o acepte se comprometer aconservar e recuperar os humedais do seu país.
Curiosamente o convenio foi asinado un ano despois de que o Goberno español desecara un dos maiores humidais de todos os que había en Galicia que era a lagoa de Antela. O motivo foi o mesmo polo que se foron secando todos os humidais, xa que se asociaban a unha fonte de enfermidades e era considerado un terreo desaproveitado. Hoxe en día en Galicia existen cinco zonas declaradas humidais protexidos:
-Ría do EO: é un enclave natural cunha grande variedade para a avifauna actuática migradora. Ten doce especies de anfibios e répites e medio centenar de aves actuáticas invernais. Goza de comunidades vexetais de grande interese.
- Ría de Ortigueira e Ladrido: é unha zona de invernada de 3.000 aves, algunhas moi pouco frecuentes.
- Lagoa e areal de Valdoviño: é un espacio no que ivernan especies pouco frecuentes e reúne unha grande variedade de anfibios.
- Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vizán. Caracterízase pola súa variedade de especies con 274 especies propias. Reúne a dez especies de anfibios das catorces localizadas en Galicia e a 14 de réptiles das 20 existentes.
- Complexo intermareal Umia-O Grove: reúne a 20.000 especiaes limícolas invernantes.
Todos estes humedais foron declarados protexidos no período comprendido entre 1989 e 1994.





E as actuacións da Xunta



No mesmo momento no que se está a celebrar un debate sobre o futuro dos humedais, e se reflexiona sobre o seu tratamento en Galicia, a Xunta de Galicia acaba de facer público un plan para conservar os humedais da Terra Chá. Un proxecto no que traballarán xuntas da man a Unión Europea, a Consellería de Medio Ambiente e o Instituto Lucense de Desenvolvemento. Este proxecto, enmarcado dentro do Life da UE, contará cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros e ten prevista a elaboración e a aprobación dun plan de Ordenación deste Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). En virtude deste proxecto o que se fará son atuacíns no lago de Pozos do Ollo en a lagoas de Riocaldo en Begonde. Todas elas zonas entre os ríos Parga, Ladra e Támoga.
Trátase dun complexo húmido no que están presentes 15 hábitats de interese comunitario, dos que catro son prioritarios: bosques aluviais de fresnos, abedules de zonas pantanosas e turbeiras altas.