Xavier Queipo, Marina Mayoral ou Teresa Moure son algunhas das propostas editoriais para o ano que comeza

Ano novo, libros novos

Aínda a dixerir a vaga de novidades literarias do Nadal, xa se está a coñecer o que nos agarda no comezo deste 2007 en canto a lanzamentos editoriais. Deste xeito, no seu blog Brétemas, Manuel Bragado adiántanos o retorno de Xavier Queipo, Teresa Moure, Marina Mayoral e Francisco Antonio Vidal, canda ao lanzamento das obras primas de Mario Regueira e Héctor Carré. O editor de Xerais anuncia ademais a apertura dunha nova colección co título "Sucos de bágoa" de Agustín Fernández Paz.

Máis información no blog Brétemas, un resumo dos lanzamentos recentes en Galicia Hoxe, máis novas literarias en Lg3