Acabado de fechar un ano no que os centenarios foron unha nota ineludible, o 2007 que agora comeza achéganos tamén as súas efemérides. Por exemplo, faranse cen anos da estrea oficial do Himno Galego na Habana. E noventa do falecemento do autor da súa letra, Eduardo Pondal. De xeito curioso, o irmán do poeta, Cesáreo Pondal, morreu hai tamén 110 anos, unha celebración que adquire especial significado en Ponteceso, onde se presentará unha obra sobre os dous irmáns.
Máis información en La Voz de Galicia