O 2006 acaba definindo e concretando o proxecto cultural por excelencia de Galicia. O soño cobizado por Manuel Fraga converteuse logo no pesadelo do bipartito e agora comeza encarrilar o seu camiño. A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, comparecía onte no Parlamento a petición propia para concretar un por un todos os edificios. A Cidade da Cultura xa ten norte.
“O noso país non se pode permitir tirar investimentos”. Deste xeito rotundo e contundente comezaba a comparecencia de Ánxela Bugallo no Parlamento para explicar que vai a supor a Cidade da Cultura. Por diante quedaban máis de cincuenta minutos nos que a conselleira foi explicando cronoloxicamente o proxecto que tivo que perfilar desde o mesmo momento que comezou a gobernar. E iso supuxo atender a catro aspectos: facer pública a cifra exacta que custaba o proxecto (388.2 millóns de euros), elaborar as liñas orientadoras en base as liñas estratéxicas e a política cultural, facer partícipe ao sector cultural do proxecto e levar a cabo as reformas derivadas da nova orientación. Para isto, a Conselleira explicou que se abriu un proceso de diálogo en múltiples frontes: co propio arquitecto Peter Eisenman que foi redefinindo o seu proxecto, cos axentes culturais, e isto, sen deixar, de facer contas que convertesen o proxecto en viable economicamente. Precisamente este punto, é o que falta por concretar pormenorizadamente aínda que xa se coñece a fórmula de xestión.
A Cultura en rede
A Conselleira explicou no Parlamento que o modelo de xestión polo que se optou ao final é o que facilita a súa autonomía financeira. “Trátase dun modelo de xestión fundacional, como unha rede de fundacións que se abre á participación e a xestión do financiamento e que permite incorporar o sector privado”. Os diferentes edificios terán a súa propia xestión, contarán coa súa fundación que se integrará nunha “rede de fundacións”, en palabras da Conselleira, que estarán “dirixidas por un nó central que é a Fundación Cidade da Cultura, que ten varios obxectivos”. Velar polo cumprimento dos principios, garantir a coordinación de contidos, participar das decisións de actuacións transversais, elaborar as estratexias, coordinar as actividades públicas e xestionar o complexo.
Cómpre ter en conta o contexto no que se insire a Cidade da Cultura. Hai escasamente tres semanas aprobouse a nova Lei de Fundacións de Interese Galego (Lei 12/2006 de 1 de decembro de 2006) coa que se pretende estimular a iniciativa privada na realización de actividades de interese xeral polo que se flexibilizou o seu réxime xurídico. Esta normativa que na súa exposición de motivos se define como “pouco intervencionista”, o que supón que o protectorado (órgano que vela polo funcionamento das fundacións) desempeñe un maior número de funcións de asesoramento e de apoio en detrimento de medidas de fiscalización. Ademais, a nova lei pretende a simplificación de trámites administrativos, a redución dos actos de control do protectorado e a reforma do réxime de organización e de funcionamento do padroado. Un novo contexto que permitirá a doada e áxil integración de entidades como a Fundación Sociedade para a Coñecemento creada en decembro para ofrecer propostas para a Cidade da Cultura. Esta entidade está conformada polas principais empresas do país como son PSA Peugeot–Citroën, Inditex, Unión Fenosa, Coren, Pescanova, Fadesa ou Finsa xunto coas tres universidades galegas e Banco Pastor, Caixanova e Caixa Galicia.
A dimensión social e económica
No 2009 estarán finalizados os catro edificios que están agora mesmo en construción, e tres anos despois, en 2009, estará rematado todo o complexo tal e como foi deseñado por Peter Eisenman. E isto significa, ademais dos usos centrais (centro de documentación, patrimonio a creación e a exhibición) a existencia duns complementarios. A conselleira explicou no Parlamento que a Cidade da Cultura terá “restaurantes, gardería e un espazo comercial cultural de bens e de servizos”. Isto supón abrir un lugar para a venda de produtos culturais, a aparición da primeira libraría institucional de Galicia pero tamén, como indicou Bugallo “un viveiro cultural para empresas”. Este complexo de lecer xorde coa intención de fomentar a creación e “participar do risco da creación, tanto no ámbito da moda, da fotografía ou da cerámica” apuntou a conselleira.
Ademais, este centro comercial intégrase dentro desa dimensión transversal da Cidade da Cultura de fomentar a investigación e, ao mesmo tempo, dar acubillo ás iniciativas empresariais, dándoas a coñecer ao eido social. Ánxela Bugallo anunciou que a Cidade da Cultura se converterá nese polo dinamizador e revulsivo económico para a sociedade galega. A este respecto, cómpre lembrar que o Anuario de Estatísticas Culturais acabado de presentar destacaba que o consumo cultural en Galicia, con 168 euros é máis baixo que a media estatal (242.7 euros).
Proxecto pioneiro
Dentro dos novos usos e definicións para o complexo cultural destaca un novidoso espazo pensado para un público familiar. Segundo explicou a conselleira “está pensado como un espazo lúdico para nenos de 3 a 12 anos, como un lugar de aprendizaxe e educación en valores a través do xogo e da diversión”. Non existe ningún centro semellante noutras zonas do Estado e contará con obradoiros de artes plásticas, unha área expositiva, obradoiros, un pequeno teatro para dramatizacións e servizos complementarios. Un lugar para a educación cultural que se presenta como elementos transversais repartidos por todo o complexo.