O escritor coruñés César Antonio Molina, actual director do Instituto Cervantes, resultou galardoado co premio Letras de Bretaña 2007 que outorga o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. O xurado destacou en Mondoñedo o compromiso de Molina coa proxección da lingua e literatura de Galicia así como o seu labor como estudoso das literaturas de Cunqueiro e Torrente Ballester. No mesmo acto, no que se celebraban os 125 anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro, tamén se decidiu o destino das primeiras medallas Reino de Merlín, que foron para a escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón,; o narrador italiano Antonio Tabucchi; e o viveirense Ramón Pernas.
Máis información en La Voz de Galicia