Un concerto, un documental e un parche para videoxogo danlle o ton cultural ao segundo partido da Selección Galega

O envoltorio cultural do balón

Meu, Backyard Babies e Siniestro Total daranlle un contexto musical ao segundo partido da Selección Galega. O estadio de Riazor vibrará o vindeiro 28 de decembro con estes grupos despois do partido contra Ecuador na homenaxe que a Xunta lle fará ao Deportivo con motivo do centenario do Club. Pero non é esta a única nova cultural relacionada co partido. O mesmo día emitirase o documental "Selección Galega. Setenta anos despois", de Carlos Ares e Diego Méndez. Finalmente, Vieiros presentaba onte un parche para o videoxogo Pro Evolution Soccer, que permitirá participar cos nosos xogadores en partidos virtuais.


Máis información en de Vieiros e en Galicia Hoxe La Opinión, en Vieiros e en Deporte Galego