A ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria e as SecretarÃas Xerais de Comunicación e PolÃtica LingüÃstica participan na realización dunha campaña para a promoción da lectura infantil en galego promovida polo xornal Galicia Hoxe e a editorial Sotelo Blanco. A campaña consiste na difusión de seis publicacións de literatura infantil entre os lectores de Galicia Hoxe. Os exemplares entregaranse co xornal todos os venres a partir do dÃa 22 de decembro e ata o 26 de xaneiro. A colección leva por tÃtulo “UxÃa e os pillabáns”, e está escrita e ilustrada por LuÃs Ben, sendo a primeira ocasión na que o autor compostelán leva todo o peso das publicacións. Os libros dirÃxense aos lectores máis cativos, en idades comprendidas entre os seis e os oito anos. Esta campaña de promoción da literatura infantil en galego tamén conta coa colaboración da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo e as empresas Unión Fenosa e Caixanova.
Máis información en Galicia Hoxe