Giani Vattimo, Fina Virulés e Vicens Navarro participarán na XXIV Semana Galega de Filosofía

A diferenza da filosofía

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Filosofía e diferenzas” é o lema da XXIV Semana Galega de Filosofía que se celebrará do 9 ao 13 de abril de 2007 en Pontevedra. O evento contará nesta edición con destacadas personalidades como o pensador Giani Vattimo (Turín, 1936), teórico do que chama a “filosofía da diferenza”, baseada na fragmentación e na multiplicidade da sociedade. Neste contexto fala dunha realidade menos dogmática, coñecedora da súa diversidade e, polo tanto, partícipe da nova cultura da tolerancia. Canda a el, os filósofos Fina Virulés e Vicens Navarro participarán nas xornadas que organiza anualmente a Aula Castelao de Filosofía.

Máis información no web da Aula Castelao e sobre as semanas anteriores na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Castelao, Culturagalega, Pontevedra

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares