O premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, será o encargado de abrir, o vindeiro 17 de abril, a XXIII edición da Semana Galega de FilosofÃa. A Aula Castelao presentaba esta mañá o evento, que se centrará desta volta en FilosofÃa e Violencia. A organización demais, pechou o nomeamento como membros de honra da Aula de Xosé LuÃs Méndez FerrÃn, Celia Amorós, James Petras, Emilio Lledó, Ramón Regueira, Domingos A. GarcÃa e Carme Adán, os tres últimos expresidentes-coordinadores da propia Aula. No encontro estarán presentes tamén pensadores coma Fina Virulés, Héctor Caruncho, que analizará as bases neurolóxicas da violencia, Iñaki Rivera Beiras, do Observatorio do Sistema Penal e dos Dereitos Humanos ou Suso Iglesias, director da TVG, que falará sobre a violencia nos medios de comunicacións.
Máis información no web da Aula e nos nosos arquivos