Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro e Gramática do silencio de Eusebio Lourenzo Baleirón son os títulos que inaugurarán Inversa, a nova sección da editora Rinoceronte para traducir autores galegos. Estas obras presentaranse en castelán, pero a empresa ten a intención de traducir tamén a outras linguas. Deste xeito, Rinoceronte, que nacera para verter autores clásicos ao galego, amplía o seu horizonte. Entre as novidades para o 2007 está a edición na nosa lingua das obras de autores como o serbio Ivo Andric, o xaponés Yasunari Kawabata, o sudrafricano  J.M. Coetzee ou o senegalés Oursmane Sembene.
 
                    						
                                             
        
                                                                                    
                                        
                                      Máis información no web de Rinoceronte e sobre a editora na nosa hemeroteca







