“Os estudos humanÃsticos e os investigadores de letras sempre tivemos mala fama. Moita xente pensa que este tipo de traballos non teñen aplicación práctica pero non é asÔ. Deste xeito, o arqueólogo Lois Ladra, pon voz ao sentir común de moita xente. Os novos humanistas encárganse de coñecer o noso territorio, analizar os movementos sociais e empregar o diálogo para evitar conflictos neste mundo cada vez máis globalizado. Hoxe vemos o seu traballo.
Lois (A Coruña, 1972) é arqueólogo e agora mesmo está a rematar a carreira de AntropoloxÃa Social e Cultural na UNED, despois de gozar dunha bolsa da Fundación Barrié para facer un mestrado en arqueoloxÃa na Universidade do Porto. Cre que esta opinión (de que as letras non teñen utilidade práctica) “deriva do descoñecemento das enormes potencialidades que ten o noso patrimonio natural e cultural como recurso xerador de riqueza e creador de emprego”. A realidade ven darlle a razón, non fai falla máis que dar unha volta polos concellos de Galicia par ver as polÃticas turÃsticas están cada vez máis relacionadas co seu patrimonio: camiños de sendeirismo, turismo rural, posta en valor dos museos, da artesanÃa, da gastronomÃa.... a cultura en resumidas contas. Ademais, a súa propia experiencia demóstralle que “cada dÃa hai unha maior demanda de produtos culturais de todo tipo, desde obras que analizan o pasado e a riqueza dunha terra a roteiros patrimoniais”.
Pero para converter en valor o patrimonio cómpre unha boa investigación sobre os recursos e un programa perfectamente deseñado (sen grallas históricas) para pór en valor o patrimonio. Neste campo entran todas as investigacións como as de Lois, que ten un amplo currÃculo que vai desde traballos sobre a pesca fluvial tradicional nos nosos rÃos ata os torques castrexos, pasando por unha chea de elementos patrimoniais tradicionais coma muÃños, pombais, cruceiros, petos de ánimas, hórreos ou batáns.
Neste ámbito poden incluÃrse unha serie de estudos sobre o noso patrimonio. Entre eles destaca o de Marcial Tenreiro (Neda, 1976) que está a desenvolver unha tese sobre a romanización de Galicia. Malia que é un perÃodo da nosa historia xa estudado, Marcial considera que sempre se analizou desde o punto de vista romano, sen ter en conta os pobos que estaban antes de que chegasen os romanos “Hai achados arqueolóxicos novos que nos levan a pensar que tiña moita máis influencia do que se pensaba e por iso me interesa este tema, aÃnda que teño moito que perfilar”.
Dialéctica contra o conflicto
Ao lado de traballos de investigación como os anteriores, existe no dereito todo un campo de estudo con resultados prácticos de gran trascendencia e importancia na súa aplicación práctica. É o caso da santiaguesa MarÃa Lorenzo licenciouse en dereito en Santiago de Compostela, que foi perfilando a súa práctica profesional grazas a un mestrado en Estudos Internacionais da Académica Diplomática de Viena que a orientou cara temas de seguridade internacional. Ademais, “no 2003, cunha bolsa da Fundación Pedro Barrié de la Maza, marchei ós Estados Unidos a facer outro mestrado, esta vez de Relacións Internacionais con especialización en no proliferación e terrorismo no prestixioso Center For Non Proliferation Studies que me abriu definitivamente as portas no ámbito profesional”. No contexto actual, onde o terrorismo nuclear se aveciña como un dos grandes problemas do século XXI, o seu traballo no Departamento xurÃdico do Organismo Internacional da EnerxÃa Atómica (entidade que recibiu no 2005 o Premio Nobel da Paz), resulta de gran interese. Está orientado a servir de utilidade aos Departamentos de Dereito Internacional e Nuclear e Non-proliferación e PolÃtica. “Agora mesmo, explica MarÃa, estou inmersa na preparación de visitas a diversos paÃses de Europa do Leste e de Oriente Medio que terán lugar no primeiro trimestre de 2007 e que teñen como fin divulgar os instrumentos xurÃdicos relevantes para a prevención do terrorismo nuclear”. Un traballo relevante, de gran utilidade social no que MarÃa espera seguir traballando, “sobre todona área da non proliferación e prevención do terrorismo nuclear. SÃntome moi implicada na labor que estou realizando no OIEA, organismo que contribúe a evitar conflitos internacionais nun campo especialmente sensible como o da proliferación de armas nucleares”.
Movementos migratorios
Un dos principais problemas que existe en España a dÃa de hoxe é o da inmigración. España deixou de ser un paÃs de emigrantes para converterse nun de inmigración. Identificar os movementos migratorios, analizalos e coñecelos é, ademais dunha necesidade actual, o campo de estudo que ocupa a AntÃa Pérez (A Coruña, 1978). Esta investigadora desenvolve varias liñas de investigación dentro do grupo de “SocioloxÃa das migracións internacionais”. Un equipo que fai estudos sobre a incidencias de polÃticas migratorias comparando a migración de marroquÃs e ecuatorianos a España coa saÃda de mexicanos cara Estados Unidos, ou sobre a influencia das redes migratorias con carácter proxectivo, isto é, como se van desenvolver as novas colectividades cos seus paÃses de referencia.
Paralelamente, esta profesora axudante da facultade de SocioloxÃa da Coruña, está na recta final da súa tese de doutoramento sobre o envellecemento demográfico e as cuestións de xénero en Galicia. AntÃa explica que o seu estudo pasa por varias fases, “o primeiro paso é a descrición do avellentamento relacionado cos diferentes factores como a natalidade, a mortaldade e a migración. O segundo paso é atopar patróns en función do hábitat, sexa rural ou urbano. A terceira parte é analizar a problemática de xénero no coidado dos maiores”. Malia que está inmersa no traballo de campo e non quere avanzar conclusións ata que as súas hipóteses se confirmen ou se refuten, AntÃa asegura que son as mulleres as que se encargan en Galicia do coidado dos maiores. Unha parte da súa tese está a analizar as particularidades e peculiaridades de como se leva a cabo este traballo por parte do xénero feminino, “aÃnda que non se poden facer xeneralidades, máis do noventa por cento dos coidados que se levan a cabo hoxe en dÃa son de tipo informal, isto é, que se fan fóra do sistema público de asistencia”. Son só algúns datos dunha investigación interesante sobre a nosa realidade social máis próxima e directa e de candente actualidade, despois da aprobación da Lei de Dependencia por parte do goberno actual.
Son só tres exemplos, pero son perfectamente extrapolables aos estudos de ciencias sociais, polÃticas, xurÃdicas e humanidades que se están a desenvolver hoxe en dÃa. Investigacións con carácter práctico e social, cuxos responsables consideran que se deben pór en valor.