Carlos Mosteiro faise co premio Barco de Vapor e Antonio Cordero co Estornela de teatro infantil

Cousas de nenos e jazz

A acabar o ano, sucédense os fallos de premios. Desta volta, sabemos de dous de creación para pícaros e un de jazz. "Unha bruxa ben rara", novela de Carlos Mosteiro, valeulle ao seu autor levar os seis mil euros do premio Barco de Vapor 2006. Pola súa banda "O filibusteiro do mar da marola" é o título da obra coa que Antonio Cordero levou o premio Estornela de Teatro para nenos". Finalmente, outro galardón que se concedeu onte foi o Concerto Autor Galicia/Composición Jazz 2006, que levou Carlos López pola súa canción Océano.


Máis información en Galicia Hoxe sobre o Barco de Vapor, sobre sobre o Estornela e sobre o premio de Jazz