Inicia as súas actividades a anunciada Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento

Re-presentación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Meses despois da súa primeira presentación oficial o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presidía esta mañá a constitución da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento. Esta entidade, que reúne grandes empresas do país, universidades e Administración ten como primeiras encargas impulsar a creación de clústers, fomentar a incorporación de novas tecnoloxías nas empresas e desenvolver un instrumento de investimento de proxectos de interese preferente para Galicia. Entre os temas que tratará a fundación está tamén o desenvolvemento da Cidade da Cultura.

Máis información no web da Xunta e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, Culturagalega, Cidade da Cultura de Galicia