fin de semana 7/12

Da man de Os Favoritos do escritor Xurxo Sierra volvemos explorar a rede por conta allea. Sucédense as adaptacións ao cine e a televisión de historias e personaxes do imaxinario fantástico saídas da literatura ou a banda deseñada; Fran Morell dá conta de todo isto e moito máis en “Os 7 fantásticos”. A particular ollada de Xaquín Marín na súa traxectoria de Trinta Anos de Humor Gráfico sobre esta época do ano consegue darlle outra volta. E para días de frío e choiva nada mellor que os pasatempos e xogos que ofrecemos en liña.