Malia que aínda faltan uns días para que remate o ano, podemos facer balance daquelas cousas que ían ser e ao final non foron exactamente como se prometeron. Leis, proxectos, entidades, polígonos da industria cultural ou películas que se agardaban para o 2006 sufriron cambios de orientación, de definición, de orzamento ou retrasos de todo tipo. Outras, semellan esvaecerse.
En decembro de 2005 a Conselleira de Política Territorial anuncia a creación do Instituto Xeográfico de Galicia. Antes, o presidente Emilio Pérez Touriño anuncia en Vigo a creación dun Festival Chano Piñeiro para esta cidade e a Cidade da Imaxe estará concluídas en 2006. Pero, como están estes proxectos?
Os que mudaron
María Victoria Acebo García e Ángel Alonso son os autores do coñecido coo edificio Prisma de Cristal, proxectado pola Deputación da Coruña que se sitúa nun lugar privilexiado da cidade herculina. Foi construído para ser o Centro das Artes e ata este ano ía ser unha mestura de conservatorio de danza e museo. Así ata o 22 de outubro deste ano, cando representantes da Deputación, do concello herculino e do Goberno Central asinaron un convenio polo que o edificio pasará a ser a sede do Museo de Ciencia e Tecnoloxía, actualmente en Madrid.
Este ano tamén se definiron os usos doutro centro, trátase da coñecida como Cidade da Imaxe. Foi anunciada en xaneiro de 2003 como o gran polígono industrial que xuntaría en Santiago, en terreos próximos a onde están actualmente as sedes da TVG e TVE-G, a todas as empresas relacionadas co ámbito audiovisual. A data inicial deste proxecto que desenvolvían o Concello de Santiago e a Consellaría de Vivenda e Solo era 2006. Pero este ano, o proxecto pasou de ser un polígono industrial que agrupe as entidades do campo da imaxe para pasar a ser un Parque Tecnolóxico e Científico de Santiago. Segundo fontes da Consellaría de Vivenda, o proxecto é agora moito máis ambicioso que o inicial e a maior novidade é que inclúe empresas tecnolóxicas que teñen un compoñente destacado en I+D. Ademais, ao apoio das entidades orixinarias súmase a Universidade de Santiago e a Consellaría de Innovación e Industria. Actualmente, o proxecto está en fase de desenvolvemento e redacción e non ten fixados os prazos de execución.
A día de hoxe están adquirindo especial relevancia os Sistemas de Información Xeográfica (SIX) polo seu uso intensivo tanto para a Administración pública como para as actividades industriais e o mundo empresarial. Dentro deste contexto (no que actualmente traballa o SITGA que depende de Medio Rural), a conselleira de Política Territorial, María José Caride, anunciou o 15 de decembro de 2005 que este ano se crearía o Instituto Xeográfico de Galicia. Curiosamente, na presentación da nova cartografía de Galicia feita pública o pasado 30 de outubro, a consellaría de Medio Rural anunciou para o ano 2007 a creación do Instituto Xeográfico de Galicia. Son dúas entidades diferentes e, fontes de Medio Rural explican que están se redefinir para que o seu traballo poida satisfacer as necesidades de ambos departamentos. Así que haberá que agardar ata ver se se crean as dúas entidades ou unha soa e cales seran os seus obxectivos.
Entre os proxectos anunciados para este ano estaba o do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Fixo o anuncio da creación do Festival Chano Piñeiro cando se cumprían dez anos da morte do realizador forcaricense. Tal e como explicou máis tarde Manuel José Fernández, o Director Xeral de Comunicación Audiovisual a Culturagalega.org nunha entrevista, o anunciado festival acabou por integrarse nunha das citas existentes no panorama audiovisual. Foi concretamente en Cineuropa (a cita compostelá) e supuxo a creación dun certame para premiar a traxectoria dunha personalidade recoñecida no campo audiovisual.
Con paso lento
En xuño de 2003 o BNG presentou a súa Proposición de Lei do libro, do fomento da lectura e das bibliotecas públicas coa intención de primar a edición no noso idioma e organizar as axudas para o sector. Case un ano despois, o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, anunciou a creación da "Lei do Libro" no transcurso do Congreso de Editores. Un mes máis tarde, trinta especialistas crearon a Mesa sectorial do libro para colaborar coa Xunta na elaboración do texto lexislativo. En principio todo marchaba ben e seguíanse os prazos marcados, pero a convocatoria de eleccións anticipadas paralizou a súa elaboración ata tal punto que o 28 de abril de 2005 o sector do libro acudiu á prensa para denunciar o parón. Constituído o novo goberno, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, reuniuse coa Mesa do Libro. De aí acordouse establecer un pacto por este sector que implique aos departamentos de Cultura, Educación e Industria, así como a administracións locais e sindicatos na defensa do libro e da lectura. A mesa aproba o seu borrador o 30 de novembro de 2005 e o Consello da Xunta aprobou o proxecto de lei o 5 de abril. Anunciouse que a tramitación parlamentaria comezaría este outono pero os días pasan e aínda non hai nada fixado.
Cambiamos de tercio e imos cara o sector audiovisual. Tamén se adían as estreas de dúas longametraxes de produción galega prevista a súa estrea este ano. Dunha banda, falamos de Mía Sarah que estaba lista para outubro pero que polo seu xénero (é unha comedia romántica) se atrasa ata Nadal. E precisamente para estas datas se estrearía Hotel Tivoli, a segunda longametraxe de Antón Reixa que se adía ata marzo de 2007.
Os que se diluíron
Non é exactamente un proxecto, pero si unha promesa con data de caducidade. O 16 de novembro de 2004 o daquela director xeral da CRTVG presentou no Parlamento o orzamento do ente público para o 2005. Entre as liñas principais que anunciou estaba a creación da segunda cadea de televisión para potenciar a programación infantil, xuvenil, o cinema e os programas culturais Ademais anunciou que no 2006 a cadea tería saneada a súa débeda pública. Curiosamente, o pasado 9 de novembro o actual director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, acudiu ao Parlamento e, ademais de explicar as liñas de actuación, indicou que a débeda histórica da CRTVG é de 3,845 millóns de euros, que revela que o ente público está lonxe de sanear as súas contas.
Seguindo no campo audiovisual, neste 2006 tivo lugar o primeiro proxecto fallido do audiovisual. Os mortos van ás présas, a que ía ser a primeira longametraxe de imaxe real de Dygra, acabou converténdose nun pesadelo para o seu director, Manolo González que tivo que paralizar o proxecto cando xa se estaba a rodar. A que non se chegou a rodar foi Pica, Pica Circus, a que ía ser a primeira longametraxe de animación feita de plastilina. Fontes de Lúa Films explicaron que o proxecto está parado e non ten moitas trazas de ir para adiante por problema de financiamento, porque ten unha produción moi custosa e as produtoras que se ían implicar no proxecto acabaron por non concretarse. Lúa fixera un teaser promocional pero non chegara máis alá.