Docentes e expertos analizan desde hoxe as posibilidades pedagóxicas dos produtos audiovisuais

Enrédate

4/12/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Baixo o lema “Enredados nas pantallas”, hoxe comeza o II Encontro Internacional sobre Educación Audiovisual que terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia será un punto de encontro para que os docentes poñan sobre a mesa as características que ten o audiovisual para integralo no seu proxecto pedagóxico. Entre as propostas destaca a de Carmen Pereira, da Universidade de Vigo, que explicará como o cinema de animación se pode aproveitar para fomentar valores como o respecto ou a convivencia.

Máis información no web da USC e no do Consorcio Audiovisual de Galicia

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Consorcio Audiovisual de Galicia, Animación, Cine...