A Xunta concede os premios Galicia de Comunicación e o Grupo El Progreso anuncia un xornal gratuíto

Os premios da prensa

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Fernando Ónega pola súa traxectoria, Ignacio Mirás (“La Voz de Galicia”) polo labor en medios impresos, Sar Comunicacións XXI por poñer en marcha "Nova+", o xornal mensual económico e a Asociación de Fotoxornalistas da Coruña polo traballo gráfico en medios impresos son os gañadores do Premios Galicia de Comunicación 2006 que concede a Xunta. No campo da comunicación hai outra novidade, o Grupo El Progreso (que edita o xornal do mesmo nome e o “Diario de Pontevedra”) presenta “L.V. de Luns a Venres” o xornal gratuíto en galego que se contará cunha tiraxe inicial de 50.000 exemplares e se distribuirá nas sete cidades de Galicia.

Máis información sobre os premios no web da Xunta e sobre o xornal en El Progreso e sorbe os novos xornais gratuítos que se poden ler en Galicia na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Progreso, Culturagalega, Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia...