“La Voz de Galicia” e “A Nosa Terra” son galardoados cos premios Galicia Comunicación

Deuses da comunicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A Secretaría Xeral de Comunicación fallou hoxe os premios Galicia Comunicación que premian o labor informativo dos medios e profesionais do país. “La Voz de Galicia” fíxose co premio a mellor empresa; o semanario “A Nosa Terra" levou o de mellor iniciativa do campo da comunicación, e Andrés Torres Queiruga recibiu o de mellor labor de comunicación en medios impresos por ser o presidente e un dos fundadores da revista "Encrucillada". Canda eles, os programas “Alalá” (TVG) e “La Estación Azul”(RNE) foron recoñecidos como os mellores labores de comunicación en radio e televisión. O autor do Carrabouxo, Xosé Lois González, foi premiado no apartado de xornalismo gráfico. Ademais, Acisclo Manzano acaba de facer entrega da “Deusa da comunicación”, a escultura que recibirán os galardoados.

Máis información no web da Xunta e sobre edicións anteriores do premio na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Acisclo Manzano, Andrés Torres Queiruga...