As obras de arte teñen os seus propios ciclos de vida. Sexa cal sexa o material co que estean feitas, todas elas sofren co paso do tempo. Para evitar as súas doenzas ou mesmo para que luzan coma o primeiro dÃa existen numerosos centros públicos e privados. Pero é na “Escola de Restauración e Conservación de Pontevedra” onde se ensina cómo recuperar e conservar unha obra de arte.
Esta semana o Museo Catedralicio de Mondoñedo recibe de volta un pequeno retablo da Magdalena Sedente. Trátase dunha peza histórica que levaba tres anos na Escola de Restauración e que serviu, mentres se restauraba, para que diferentes alumnos puideran ir poñendo en práctica os seus coñecementos. Carme Hermo, secretaria do centro, explica que “a formación que se ofrece na Escola é sobre obra real e normalmente traballamos con museos, con obras procedentes de parroquias... en resumidas contas, con entidades públicas”. As entidades privadas que queiran recuperar as súas obras teñen que facelo nas empresas que, en moitos casos, foron creadas por ex-alumnos deste centro.
Entre a práctica e a teorÃa
Para que o retablo da Magdalena luza do mesmo xeito que foi creado orixinalmente tivo que pasar por un complexo e laborioso traballo de recuperación. Pero hai que ter en conta que a Escola de Restauración de Pontevedra é un centro educativo e, malia que traballa na recuperación de obras, o proxecto docente é prioritario. De feito, Carme Hermo explica que “ás institucións explÃcaselles que cando as obras entran no centro non se sabe moi ben cando vai saÃr, porque iso depende do proxecto de cada profesor”. Os quince docentes que ten o centro son os encargados de compaxinar ambos procesos.
“O retablo estaba desmontado, explica Carme e, ninguén sabÃa como era orixinariamente. Por iso, á parte do traballo de restauración da peza que estaba bastante deteriorada, houbo que buscar documentación para consolidala, tratala e aproximala o máis posible ao seu estado orixinal”.
Os procedementos
“A recuperación non é un traballo manual senón un traballo intelectual previo á intervención na peza. De feito, a intervención serÃa o extremo, a última fase do proceso”. Carme reivindica asà que o proceso que se ensina na escola non é exclusivamente manual, senón que hai un traballo de historia, de documentación que permite identificar correctamente cada obra, coñecer como foi feita e, se isto fose de utilidade, poder empregalo na súa recuperación.
O traballo pódese reducir en tres grandes fases: documentación, análise e intervención. A secretaria da escola explica que na primeira fase é cando ten lugar a máxima aproximación á obra. “Na fase de documentación faise investigación histórico-artÃstica sobre a propia obra, sobre os procedementos que se empregaron para a execución desa obra... coñecer a máxima información posible sobre a peza”. A seguinte é a fase de análise. “Os estudos desta fase pódense facer ben no laboratorio, coas mostras tomadas da propia obra ou coa análise in situ”, di Carme. Unha vez que a obra está perfectamente identificada comeza o proceso de recuperación.
Nos tres anos que levou o proceso de recuperación do retablo da Magdalena aplicáronselle diferentes técnicas de recuperación. Unha delas foi a desinsectación por anoxia que, tal e como explica Carme, consiste nun procedemento completamente inocuo e respectuoso coa obra que “mata a couza retirando o osÃxeno das pezas e introducindo nitróxeno, en lugar de empregar produtos nocivos e tóxicos”. É unha das múltiples técnicas que se aplican a diario na Escola. De feito, como as técnicas progresan cada dÃa, a escola conta cun Departamento de Ciencia e TecnoloxÃa que está a facer investigación aplicada para ir incorporando ao proxecto curricular as novas técnicas e metodoloxÃas a empregar.
Un centro único
A Escola de Restauración e Conservación de Pontevedra botou a andar en 1991 e é unha das titulacións que naceron ao abeiro da polémica LOGSE. IncluÃda dentro do nome xenérico de “ensino de réxime especial” (igual que acontece coa danza e coa música, por poñer un exemplo) comezou a impartirse unha disciplina que se equipara ao tÃtulo de licenciado universitario. Coa súa aplicación, a Escola de Pontevedra converteuse, xunto coa de Avilés, Barcelona ou Zaragoza, nos únicos centros en ofrecer unha titulación oficial.
Entre as actividades que desenvolve a escola está a edición da revista Labris, con periodicidade bianual que supón a recuperación da experiencia de investigacións do profesorado e do alumnado. Un proxecto único no que se pon de manifesto a través dos diferentes casos que non é un proceso simple e homoxéneo, senón que cada peza ten a súa propia historia e a súa propia singularidade á hora de devolvela ao seu estado orixinal.