Premian a Lugo pola conservación da muralla mentres a Academia de Belas Artes propón expor réplicas de monumentos

Conservar e substituír

O Ministerio de Cultura outorgoulle a Lugo o segundo premio das Cidades Patrimonio da Humanidade polo seu traballo na conservación da Muralla. En total foron 9.015 euros os que recibiu a cidade, en recoñecemento especial aos traballos de recuperación que se desenvolveron nos últimos anos. Ao tempo, desde a Academia Galega de Belas Artes están a lanzar unha proposta polémica. A idea é substituír pezas de patrimonio que se encontren á intemperie por réplicas para evitar que se degraden. En concreto, desde a Academia reclaman o traslado do David da Catedral de Santiago e mais do cruceiro da Colexiata da Coruña, e xa fixeron chegar a súa iniciativa á Dirección Xeral do Patrimonio.

Máis información sobre o galardón de Lugo en Galicia Hoxe, sobre a proposta da Academia de Belas Artes enLa Voz de Galicia