O luns e hoxe reuníanse en Santiago os directores xerais da FP de toda a Unión Europea. E sobre a mesa e o mantel estaba a necesidade de unificar criterios sobre este ensino. E no ambiente de traballo flotaba a idea de que a a aprendizaxe e o investimento en capital humano contribuía a unha mellora das relacións sociais, a unha participación máis cívica e a unha menor criminalidade. E para conseguilo, dous obxectivos: aprendizaxe continuada para toda a vida e homologar estes estudios en toda a Unión Europea. E todo isto no mesmo momento no que no Estado Español o proxecto de lei da reforma da FP se atopa en trámite parlamentario e promete ser tan polémico como a LOU e en Galicia se acaba de presentar a nova FP para o curso que vén.
Acordos en Compostela
A cita da Formación Profesional da Unión Europea tiña un lugar de reunión: Santiago de Compostela, onde se reuniron todos os directores xerais para discutir o documento "Facendo realidade unha área de aprendizaxe para toda a vida". Un texto no que se plasmaban por escrito as últimas cifras e resultados deste tipo de ensino non universitario e a partires do que se constatarían e se constantan (porque a xuntanza termina hoxe martes) as necesidades que establecen como prioritarias e que deberían ser extensibles á todas as políticas educativas da Unión Europea.
Os principais obxectivos que ocupaban a todos os participantes era a necesidade de facer da Formación unha tarefa continuada. Algo que viña a contradecir todos os resultados ofrecidos polos estudios (o último era do 2000) no que se daba conta que só un 8% dos participantes da UE levaban a cabo programas de educación e de formación. Unha cifra que todos os axentes implicados nesta xuntanza reafirmaron que hai que mellorar. E para iso a comisión desenvolverá ó longo deste ano unha guía e un glosario para facer máis doada a busca e a utilización dos diplomas e certificados.
E, por outra banda, outras das cousas que se acordaron onte é a necesidade de que a Unión Europea estableza mecanismos que hoologue en todo o territorio comunitario os coñecementos de todos os sectores da pobocación. E para iso comprometéronse a elaborar, antes do 2003 un sistema de carteira que permita a todos os cidadáns, en calquera etapa, agrupar as súas competencias (coñecementos profesionais). Ademais, desde este mesmo ano pretenderase elaborar un sistema que permita ós europeos cominar educación e formación de varias institucións e países.
Á alza e á baixa
O que si queda claro, unha tendencia que tamén se constata en Galicia, é que a FP está gañando cada vez máis adeptos. E esta auxe esténdese a todo o abano profesional, aínda que hai diferencias sustanciais entre uns e outros (así como tamén segue a haber desafasos entre as demandas laborais e o número de alumnos dese ciclo). Hoxe en día as tecnoloxías da información e da comunicación, os estudios relacionados cos sevicios de atención ás persoas maiores, os ensinos que abordan a educación infantil ou os ciclos sobre loxística. E curiosamente, os ciclos que quedaron trala remodelacion da vella FP (administrativo, sanidade, perruquería e estética) seugen a ser os que máis demanda teñen. Segundo o Ministerio de Educacion, a matrícula nos ciclos de grado medio rexistrou un aumento do 21,6% o pasado curso, e nos ciclos superores o incremento acadou o 27%.
En Galicia
Mentres a nova reforma da FP preparada por Pilar del Castillo, que se prevé igual de polémica que a universitaria, atópase actualmente en trámite parlamentario. E dentro deste plan global, cada autonomía desenvolve o seu propio proxecto. E en Galicia acábase de dar a coñecer o Plan Galego de Formación Profesional (que foi aprobado polo Consello da Xunta o 27 de xuño de 2001 e se aplicará ata o ano 2006). Un proxecto que pretende adaptar a formación profesional ó tecido productiro e á economíca galega par ao que recolle que as propias empresas participen no deseño da oferta. E, polo menos, esta é a teoría. Na prática acábase de coñecer o mapa dos ciclos educativos da oferta da formación profesional para o vindeiro curso que inclúe nove ciclos novos, de dous de eles sobre soldadura e calderería.