A RAG reabrirá o debate da proposta de reforma normativa

Con-senso

O pasado 17 de novembro a Real Academia Galega (RAG) decidía con once votos en contra e dúas abstencións de vinteún académicos presentes, rexeitar a proposta de reforma normativa que se realizou desde o Instituto da Lingua Galega (ILG) e os departamentos de galego das tres universidades. Case mes e medio despois, logo das críticas á decisión da Academia, o cambio de presidente, a RAG decidiu reabrir o debate da reforma da norma. Este cambio repentino debéronse á confluencia dun feito insólito. O achádego dunha colonia de galegos illados ó resto do mundo desde finais do século XV que falaban un idioma con solucións léxicas moi semellantes ás propostas na chamada reforma da normativa. Unha descuberta feita por unha tribo muyahidin cando andaban buscando as pegadas de Ben Laden. A colonia de galegos, en elevado grado de incivilización, quedaron aillandos na cadea montañosa do leste de Afganistán cando formaban parte dunha partida cando facían a "Ruta da seda". A descuberta ten, ademais dun valor antropolóxico innegable, un valor lingüístico de dimensións incalculabes.

Factores decisivos



Foron varios os fenómenos que derivaron que o Plenario acordase onte, nunha sesión extraordinaria poñer unha data para reabrir a reforma da normativa: o 29 de febreiro do 2002. En primeiro lugar, unha descuberta que deixa atónitos a máis de un. Na misión bélica iniciada por EEUU contra Ben Laden en Afganistán deixou, ademais dun número innumerable de víctimas, desperfectos e abondoso cambios sociais (occidentais, claro), unha descuberta que supón un fito a analizar por sociólogos e antropólogos de todo o mundo: o achádego dunha colonia de galegos instalados en Tora Bora. A descuberta é a antropólogos e estudiosos o que a fast food ós americanos: carnaza. Pero ademais, ten un aliciente engadido para lingüístas que, nun primeiro achegamento a esta colonia aprecia que a lingua empregada por este grupo aillada ás influencias e interaccións lingüísticas durante case cincocentos anos incorpora solucións, curiosamente, moi similares ás propostas polos departamentos das tres universidades galegas e o ILG e que rexeitou a Real Academia Galega. Ante a importancia deste evento, que supón un xiro de 360º no replantexamento da norma, un grupo de académicos achegaránse ata o lugar do achádego para corroborar as informacións que chegan desde Tora Bora. De momento, a RAG deu a coñecer un comunicado de última hora que di, que de se confirmar estes rumores, o plenario reabrirá o debate o vindeiro 29 de febreiro. Nesta sesión daranse a coñecer os informes lingüísticos tralo estudio etnográfico participante das situacións de fala (baseado en métodos conversacionais) deste colectivo. O principal interese é saber como evolucionou o idioma galego fóra da presións e da influencia doutras linguas, o que pode ofrecer solucións óptimas perante o debate normativo que se está a fraguar neste momento.
Este evento, que xa era coñecido pola Xunta de Galicia desde hai unhas semanas, filtrouse á prensa nunha xuntanza extraoficial acontecida onte.




Un aislamento de cinco séculos

A colonia de galegos descuberta por unha tribu muyahidin tivo a súa orixe cincocentos anos atrás. Formaban parte dunha expedición que facía o percorrido da Ruta da seda, e que, por mor dun temporal, refuxiouse na cadea montañosa de Tora Bora. De momento son poucos os datos que se coñecen da súa supervivencia do colectivo durante este período de tempo e da súa evolución natural. Ata recibir informacións contrastadas e corroboradas, o único que se sabe é que os orixinarios desta colonia, á que xa se lle coñece como "Galegos Laden", é que proceden de Noia e que os orixes da mesma están en tres homes e dúas mulleres. Dos poucos datos fiables que chegan desde Tora Bora, pódense apuntar, o elevado grado de incivilización dos habitantes que recibiron ós habitantes dun xeito pouco pacífico, con berridos.