Aínda que con polémica, a Lei Orgánica de Universidades foi aprobada en decembro do ano pasado. E trala súa publicación no BOE o 20 de xaneiro a LOU xa está en marcha. E agora, a Universidade de Vigo e a de Compostela escollen os seus candidatos dentro do novo marco normativo. En Vigo o prazo de presentación de candidaturas a rector xa rematou e fíxoo sen sorpresas de última hora. Domingo Docampo e José Tojo medirán as súas forzas o día 7 de maio. Pola súa banda en Compostela José Manuel Sabucedo e Senén Barro son, polo de agora, as únicas candidaturas nun prazo que remata o vindeiro luns 22 deste mes de abril. E todo este proceso electoral estase a dar no mesmo momento no que o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga e o líder do BNG, Xosé Manuel Beiras, almorzaron xuntos para consensuar a reforma da Lei de Ordenación do Sistea Universitario Galego (LOSUGA).
Os cambios da LOU
Á falta da adaptación ó Sistema Normativo Galego, que está fixado no anteproxecto da Lei do Consello Galego de Universidades, a LOU ofrece un novo marco normativo. As principais diferencias do novo regulamento é que ofrecen unhas nítidas disticións entre as funcións de goberno, representación, control e asesoramento, que lle corresponderán a un órgano distinto na estructura da Universidade. E dentro destes cambios, as principais apreciacións que resultan, veñen en que se reforzan os procesos executivos de toma de decisión por parte do Rector,que estará acompañado dunha nova figura que el mesmo presidirá, Consello de Goberno. Neste órgano establecerá as liñas estratéxicas e programáticas nos ámbitos da organización do ensino, invetigación, recursos humanos e económicos.
Pero amén destes cambios novos de deseño e concepción dos órganos directrices da Universidade o rector será electo directametne pola comunidade universitaria mediante sufraxio universal, libre e segredo. Un sistema que xa ocasionou problemas noutras universidades españolas nas que xa se elexiron ós seus rectores (foi o caso de Valencia). Veremos o que acontece en Galicia onde xa comezou o proceso electoral a rector e ó claustro.
Candidatos en Vigo
E a carreira cara o rectorado en Vigo ten dous nomes (á falta da proclamación oficial que será o vindeiro día 24), dous candidatos que encaran dous plantexamentos distintos que coinciden en solicitar a licenciatura de Sociosanitaria. E onte, que se pechaba o prazo de presentación de candidaturas, tiveron unha ocasión para ofrecer os seus puntos de vista nun debate televisado por Localia. Un encontro no que houbo acusacións cruzadas que comezou cun tenso encontronazo entre os candidatos sobre a xestión da Cidade Universitaria, un proxecto que para Tojo era o "soño de Docampo, non un proxecto de todos que se puido consensuar".
No debate preelectoral quedaron asentadas algúns dos puntos de diferencia entre ambos. para Docampo "o problema non é universidade senón o campus", mentres que Tojo consdiera que "non se poden pedir vintedúas titulacións para contentar a todo o mundo, senón que hai que priorizar".
E en Compostela
E a falta de tres días (o vindeiro luns) de que remate o prazo para a presentación de candidaturas José Manuel Sabucedo e Senén Barro Ameneiro xa fixeron oficiais as súas candidaturas. Ambos os dous coinciden na consecución dun sistema que garanta a estabilidade e a autonomía financiera da institución, ademais da súa aposta pola calidade. Vexamos agora as diferencias. Por un lado Sabucedo (que non presentou formalmente o seu equipo de goberno) centra o seu programa en catro piares: na necesidade da comunicación intrainstitucional, na calidade e planificación estratéxica, unha aposta polo terceiro ciclo e a formación continuada e unha planificaicón ordenada do campus (sobre tod o á hora de levar a cabo infraestructuras).
Pola súa parte Barro Ameneiro propón a necesidade de centrarse na proxeción exterior da univesidade ademais de apostar tamén pola formación continua e a comunicación. Barro xa presentou un equipo de goberno que mantén a algún membro do actual equipo e incorpora a docentres que participaron noutros procesos electorais.