Un infarto cerebral acababa onte coa vida de Xosé Agrelo Hermo, de sesenta e nove anos. Agrelo desenvolveu ao longo da súa un destacado traballo a prol da nosa cultura desde o teatro, a escrita e, desde 1988, o mundo da edición, ao fundar e dirixir a Editorial Toxosoutos. O funeral oficiarase hoxe ás catro da tarde na igrexa de San Martiño de Noia.
Máis información en Galicia Hoxe e na Biblioteca Virtual; máis sobre Agrelo Hermo nos nosos arquivos