A colección máis completa de cartas de Valle-Inclán revela unha faceta pouco coñecida do escritor

Cartas con personalidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
De sempre, a imaxe que se ofreceu do escritor Valle-Inclán era a de extravagante e snob. No entanto, no “Epistolario” que acaba de editar Juan Antonio Hormigón, e que recolle as coleccións máis completa de cartas do escritor, perfílase un Valle-Inclán abatido, humilde e moi diferente do que se coñecía. “Epistolario” recolle as cartas, tanto persoais como públicas, que o escritor lle enviou a coñecidas personalidades como Benito Pérez Galdós, Unamuno, Ortega y Gasset, Juan Ramón Jiménez ou Azaña.

Máis información sobre o epistolario en La Voz de Galicia e sobre Valle-Inclán na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, La Voz de Galicia